CONVOCATORIA COMISIÓNS DE SERVIZO: 26 DE ABRIL DE 2022

Resolución do Director Xeral de Xustiza do 26/04/2022, pola que se convoca a provisión en Comisión de Servizo de postos de traballo entre persoal funcionario dos Corpos e Escalas ao Servizo da Administración de Xustiza.

Solicitantes: o persoal funcionario de carreira con destino definitivo en calquera ámbito territorial e que se atope en servizo activo no mesmo corpo do posto que se pretende prover.
No caso dos funcionarios que estivesen desempeñando un posto en comisión de servizos ou substitución na data de publicación, poderá participar na convocatoria sempre que leven máis de seis meses na comisión de servizos ou substitución respectiva.

Prazo e modelo para presentar ás solicitudes5 días hábiles a partir do día seguinte á publicación. En tanto non se habiliten a presentación a través da OPAX, as solicitudes dirixiranse á Dirección Xeral de Xustiza e presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos, conforme o modelo que se inclúe como Anexo II da convocatoria.

ANEXO II (5)

Para a remisión de dita solicitude, na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) está dispoñible o modelo de solicitude xenérica co código PR004A, e para a súa presentación poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Coa solicitude débese adxuntar (ou acreditar que se solicitou) o informe do superior funcional, así como no seu caso, informe do órgano competente da Comunidade respectiva ou do Ministerio de Xustiza: 

MODELO-SOLICITUD-INFORME-FAVORABLE-ADMON.doc

MODELO-SOLICITUD-INFORME-FAVORABLE-SUPERIOR-FUNCIONAL.doc

Aquí vos deixamos o Anexo I de postos ofertados:

ACCEDE Á CONVOCATORIA DE COMISIÓNS DE SERVIZO 26-04-22

Los comentarios están cerrados.