Archivo diario: 19/04/2022

NOVAS PRAZAS OFERTADAS EN SUBSTITUCIÓN ENTRE TITULARES 19-04-2022

Publicados novos avisos de desocupación de postos na intranet de Xustiza .

19 de abril de 2022

✅🔴 PRAZO DE SOLICITUDES:  20, 21 e 22 de abril.

✅🔴 Modelo de  solicitude: Anexo II bis

✅🔴 As prazas ofértanse conxúntamente para a súa cobertura en substitución vertical ou horizontal. De acordo coa normativa reguladora, poderá solicitar as substitucións o persoal funcionario de carreira dos corpos xerais que estean es situación de servizo activo e prestando efectivamente servizo. Terá preferencia a tramitación das substitucións verticais, e dentro de cada un dos apartados operan os criterios de preferencia determinados na norma.

✅🔴 Postos de traballo ofertados: Os relacionados no Anexo I da resolución, coa indicación da causa que motiva a ausencia do seu titular.

DECANATO. SERVIZO COMÚN APOIO LUGO 

LIBERACIÓN SINDICAL- XESTIÓN PROCESAL

XDO. 1ª INSTANCIA Nº 11 A CORUÑA

3 VACANTES- TRAMITACIÓN PROCESAL

⏩ Accede ó arquivo pdf coas SUBSTITUCIÓNS OFERTADAS:

2022.04.19_ResolucionDX_Publicacion_Novas_Subst_rev

 

 

ADXUDICACIÓNS DE SUBSTITUCIÓNS ➖ 19/4/22

RESOLUCIÓN da Dirección Xeral de Xustiza do 19/04/2022, pola que se resolve a convocatoria de provisión temporal de postos de traballo mediante o sistema de substitución.
Con data 07/04/2022 ofertáronse para a súa provisión temporal mediante o sistema de substitución entre funcionarios dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza, os postos relacionados no anexo I da dita convocatoria.

Accede ás adxudicacións no pdf adxunto ⤵️⤵️

ResolucionDX Publicacion Adxudicacions-

COMISIÓNS DE SERVIZO GALICIA- RESOLUCIÓN PROVISIONAL DOS CORPOS DE XESTIÓN E TRAMITACIÓN

COMISIÓNS DE SERVIZOS  DE  GALICIA 

PUBLICADA A RESOLUCIÓN PROVISIONAL DOS CORPOS DE XESTÍÓN P.A. e TRAMITACIÓN P.A.

 Contra a dita resolución provisoria, as persoas interesadas poderán formular reclamacións no prazo de 3⃣ días hábiles.

 

▪️ Accede ás adxudicacións provisionais: ⤵️⤵️

ADXUDICACIÓN PROVISIONAL COMISIÓNS SERVIZO DOS CXPA e CTPA (link xunta.gal)

 

COMISIÓNS DE SERVIZOS – GALICIA ➖ 📆 19/4/22 ➖ PUBLICADA A RESOLUCIÓN DEFINITIVA DO CORPO DE AUXILIO XUDICIAL‼️

ÚLTIMA HORA: No día de hoxe publicouse na Intranet de Xustiza a resolución de adxudicacións definitivas de postos do corpo de auxilio xudicial.

Contra a resolución ditada, poderase formular recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a Dirección Xeral de Xustiza, de acordo cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses
contados a partir do día seguinte ao da publicación, de conformidade cos artigos 8.2, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso administrativa.

👉 A incorporación ao posto de traballo en comisión de servizos producirase na data de efectos administrativos indicados na resolución.

👉 En todo caso, o posto de traballo deberá ser ocupado de xeito efectivo pola persoa adxudicataria da comisión de servizos. No caso de que a incorporación non se faga efectiva na data indicada na resolución de adxudicación, entenderase que a persoa interesada renuncia á praza e decaerá no seu dereito; a praza adxudicarase, de ser o caso, á seguinte persoa solicitante segundo a orde obtida na valoración de solicitudes.

ver resolución de adxudicacións:

https://cpxt.xunta.gal/c/document_library/get_file?file_path=/conselleria-3/non-indexar/19042022-adxudicacion-definitiva-CAX.pdf