Archivo diario: 25/04/2022

COMISIÓNS DE SERVIZO: PUBLICADA A RESOLUCIÓN DEFINITIVA DOS CORPOS DE XESTIÓN E TRAMITACIÓN

COMISIÓNS DE SERVIZOS GALICIA ➖ 📆 25/4/2022 ➖ PUBLICADA A RESOLUCIÓN DEFINITIVA DOS CORPOS DE XESTIÓN P.A. E TRAMITACIÓN P.A.‼️

Contra a resolución ditada, poderase formular recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a Dirección Xeral de Xustiza, de acordo cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación, de conformidade cos artigos 8.2, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso administrativa.

👉 A incorporación ao posto de traballo en comisión de servizos producirase na data de efectos administrativos indicados na resolución.

👉 En todo caso, o posto de traballo deberá ser ocupado de xeito efectivo pola persoa adxudicataria da comisión de servizos. No caso de que a incorporación non se faga efectiva na data indicada na resolución de adxudicación, entenderase que a persoa interesada renuncia á praza e decaerá no seu dereito; a praza adxudicarase, de ser o caso, á seguinte persoa solicitante segundo a orde obtida na valoración de solicitudes.

▪️ Accede ás adxudicacións definitivas: ⤵️

ADXUDICACIóN DEFINITIVA CXPA E CTPA

SUBSTITUCIÓNS ENTRE TITULARES: ADXUDICACIÓN DAS PRAZAS

RESOLUCIÓN da Dirección Xeral de Xustiza do 25/04/2022, pola que se resolve a convocatoria de provisión temporal de postos de traballo mediante o sistema de substitución.
Con data 19/04/2022 ofertáronse para a súa provisión temporal mediante o sistema de substitución entre funcionarios dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza, os postos relacionados no anexo I da dita convocatoria.

Accede á resolución: ADXUDICACIÓNS SUBSTITUCIÓNS- ResolucionDX_Publicacion_Adxudicacions

📢🔊 NORMAS SANITARIAS DE OBRIGADO CUMPRIMENTO NOS EDIFICIOS XUDICIAIS GALEGOS DICTADAS POLO TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA‼️

📢🔊 NORMAS SANITARIAS DE OBRIGADO CUMPRIMENTO NOS EDIFICIOS XUDICIAIS GALEGOS DICTADAS POLO TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA‼️

ENTRADA, SAÍDA E PERMANENCIA NOS EDIFICIOS:

1.- Procurarase que a entrada e a saída do edificio se faga a través de distintos accesos.

2.- Prohíbese a entrada ao edificio con guantes.

3.- Prohíbese o acceso ao edificio de toda persoa que mostre síntomas de COVID-19.

4.- Con carácter xeral, queda prohibida a entrada indiscriminada de persoas con motivo da adquisición de boletos de lotería,  tarxetas de homenaxe e similares.

5.- A visita de persoas no edificio xudicial, que non vaian desenvolver un labor profesional, requirirá cita previa.

6.- A concorrencia excesiva de persoas no acceso ao edificio facultará as forzas de seguridade para suspender transitoriamente a entrada.

  1. Autorizarase a entrada aos edificios xudiciais e aos xulgados —se as circunstancias de capacidade o permiten— á persoa que acompañe as vítimas dos
  2. Recoméndase o uso responsable e continuado de máscara para o acceso ao edificio xudicial e aos espazos otón durante todo o tempo de permanencia neles.
  3. Recoméndase o uso responsable e continuado de máscara nos despachos e

10.- Manterase sempre a distancia interpersoal de 1,5 metros na interactuación en todos os eixos de relación: lateral, anterior e posterior.

  1. Utilizaranse individualmente os ascensores no caso de que non se poida manter a distancia interpersoal de
  2. Cubrirase o nariz e boca ao tusir e esbirrar, preferentemente cun pano
  3. Evitarase tocar os ollos, nariz ou
  4. Non se compartirán obxectos ou utensilios de oficina e evitarase o contacto con superficies compartidas: otón de ascensores, pomos de portas
  5. Prohíbese a colocación de obstáculos que impidan o acceso ao edificio xudicial e ás oficinas xudiciais.

CIRCULACIÓN E ESTANCIA NOS EDIFICIOS:

1.- Efectuarase sempre polo lado dereito dos corredores e escaleiras.

2.- Efectuarase o lavado de mans con frecuencia, con carácter preferente ó uso de xeles hidroalcohólicos.

3.- Nas oficinas que teñan atención ó público, admítese o uso de pantallas protectoras.

CELEBRACIÓN DE ACTUACIÓNS XUDICIAIS:

1.- Entre unha vista/xuízo/dilixencia e outra ventilaranse as salas de vistas e asegurarase a limpeza, no que resulte necesario.

2.- Quen exerza a policía de estrados ou dirixa calquera acto xudicial ou gobernativo, poderá redistribuír os asentos na sala de vistas para garantir a distancia de seguridade, así como aconsellar o uso responsable e continuado de máscara.

De non poder garantir a distancia de seguridade, de polo menos 1,5 metros, se non hai unha adecuada ventilación da estancia ou se asiste unha persoa con síntomas comunmente compatibles coa COVID-19, quen exerza a policía de estrados ou dirixa calquera acto xudicial ou gobernativo, e co fin de evitar a súa suspensión, poderá impoñer o uso da máscara durante todo o tempo de duración do acto. Nestes casos, puntualmente e por razóns excepcionais, se quen interveña na celebración dun acto procesual non pode expresarse coa suficiente claridade ou non pode facerse entender, poderáselle permitir a retirada da máscara parcialmente e polo instante necesario para emitir a palabra ou frase coa que a persoa se queira expresar, sempre que se respecte a distancia interpersoal.

3.- Prohibirase tocar os micrófonos e os equipos audiovisuais.

4.- Dispénsase o uso da toga a avogad@s e procurador@s.

Accede ó Protocolo de actuación e organización nos órganos xudiciais do ámbito do TSXGalicia

PUBLICADA EN EL BOE LA RELACIÓN DEFINITIVA DE ADMITIDOS Y EXCLUIDOS DEL CUERPO DE LETRADOS DE LA ADMINISTRACIÓN DE JUSTICIA PI

Orden JUS/348/2022, de 20 de abril, por la que se aprueba la relación definitiva de admitidos y excluidos al proceso selectivo para ingreso, por el sistema general de acceso libre y promoción interna, en el Cuerpo de Letrados de la Administración de Justicia, convocado por Orden JUS/1523/2021, de 3 de diciembre.

ACCEDE Á ORDEN, RELACIÓN DE ADMITIDOS Y EXCLUIDOS LETRADOS ADMINISTRACIÓN JUSTICIA