Archivo diario: 12/11/2021

CARREIRA PROFESIONAL – IMPORTANTE!!!

SABOTAXE Á CARREIRA PROFESIONAL DENDE AS “ORGANIZACIÓNS” STAJ, CUT, CIGA E CSIF, co apoio agora de UXT!!!

AS SENTENCIAS E IMPUGNACIÓNS XUDICIAIS MALICIOSAS DO ACORDO DE TRAXECTORIA PROFESIONAL DA XUSTIZA GALEGA NON IMPEDIRÁN A CONTINUACIÓN DA CARREIRA PROFESIONAL CONSEGUIDA POR SPJ-USO COMO DESENVOLVEMENTO DO ACORDO DE 2018.

ASÍ O ESIXIMOS COA FORZA QUE NOS DÁ SER O SINDICATO MAIORITARIO, E ASÍ O CONSEGUIREMOS NA DEFENSA DOS DEREITOS DE TÓDOLOS TRABALLADORES.

Accede á circular: CARREIRA PROFESIONAL – IMPORTANTE

Tras múltiples xuntanzas de este sindicato con tódolos estamentos da Xunta de Galicia, como sindicato impulsor e firmante da única carreira profesional na Xustiza española, incluída a última xuntanza que foi a da comisión de seguemento do acordo, e pendentes de nova xuntanza en vindeiros días, ACLARAMOS:

  1. No ámbito da Xunta de Galicia o desenvolvemento da carreira profesional está paralizado por segundo ano gracias o traballo dos sindicatos non firmantes do acordo na xunta, CIG e CSIF concretamente, que mais que ós traballadores defenden outros intereses, ó igual que fan na xustiza xunto con STAJ e CUT.
  2. En semanas pasadas coñecéronse duas sentencias “logradas” por CSIF e CIG que o único que conseguen é poñer en perigo o grado 2 de carreira profesional de xustiza para 2022. A pesar de coñecer as consecuencias da xunta de Galicia, CSIF e CIG seguiron coa impugnación do acordo da carreira de xustiza, igual que seguen STAJ e CUT, a pesar de que estes están pendentes de sentencia. Gran traballo por parte de todos eles, que pode deixarnos sen DESENVOLVEMENTO da carreira profesional temporalmente…. difícil saber a quén representan…., sobran palabras, falan os seus feitos.
  3. SPJ-USO segue a garantir que A CARREIRA PROFESIONAL VEU PARA QUEDARSE NA XUSTIZA GALEGA, E NO ANO 2022 COBRAREMOS SEGURO O GRADO 1 DE CARREIRA. NO CASO DOS XESTORES E FORENSES NO 2022 COBRARÁN A MAIORES O TRAMO PENDENTE DO GRADO 1, E NO CASO DE TRAMITADORES E AUXILIOS SEGUIRÁN COBRANDO SEGURO O GRADO 1 ÍNTEGRO (FEITOS, non palabras!!!). Os recoñecementos de grado feitos son plenamente válidos.
  4. AS SENTENCIAS DE XUSTIZA NON SON FIRMES, E SPJ-USO ESIXE A XUNTA DE GALICIA QUE AS RECORRA, como así fará, e ESIXIMOS O DESENVOLVEMENTO DO GRADO 2 PARA 2022, ASÍ COMO O NOVO ACCESO Ó GRADO 1 DE QUÉN AGORA CUMPLA OS REQUISITOS.
  5. O acordo de carreira profesional de xustiza segue plenamente vixente; o acordo da Xunta debe ser replanteado. SPJ-USO propón a execución do acordo de xustiza e  o desenvolvemento do grado 2 en tanto se sustancia o recurso contra as sentencias de xustiza, negociando unha nova versión das cláusulas “tocadas” polas sentencias, que son as referentes ó acceso extraordinario ó grado 2 (base 5). 

Sigue leyendo