Archivo diario: 02/11/2021

A CARREIRA PROFESIONAL E O RESTO DE DEREITOS ESTAN ASINADOS E PUBLICADOS NOS DIARIOS OFICIAIS PARA TODO O PERSOAL FUNCIONARIO/A DA XUSTIZA GALEGA

Todas as resolucións Xudiciais que amparan e ratifican os dereitos dos traballador@s da Administración de Xustiza, son ben recibidas por este sindicato, pero lembremos que sen o acordo asinado por  SPJ-USO, non habería lugar a ningunha sentenza.

Tede presentes que no acordo asinado en Galicia por SPJ-USO  en calidade de Sindicato Maioritario, RECOÑÉCESE A CARREIRA PROFESIONAL A TOD@S OS TRABALLADOR@S DA  ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA EN GALICIA, así coma ós demáis que vaian entrando no  futuro en Galicia.

DESDE O NOSO SINDICATO XA TEMOS INFORMADO REITERADAMENTE QUE EN 2022 CONTINUARÍA A CARREIRA PROFESIONAL PARA TODO O PERSOAL DA ADMÓN. DE XUSTIZA DE GALICIA E CON MELLORAS PARA AQUELES QUE SE INCORPOREN A ESTA COMUNIDADE OU QUE CUMPRAN OS REQUISITOS.

Queremos lembrar que todos os dereitos adquiridos polos traballador@s, son asinados e avalados por  SPJ-USO, sen o cal non habería ningún dereito adquirido desde 2018 ata hoxe.

Sindicatos  non asinantes destes acordos (CIGA, CUT, STAJ, CSIF), que agora alardean de recursos, sentenzas, etc., levan 3 anos e medio poñendo paus nas rodas a tod@s os traballador@s da Xustiza de Galicia, e poñendo en risco os dereitos adquiridos por estes.

Como exemplo decirvos que os compañeir@s dos corpos xerais da Xunta levan un ano sen desenvolvemento de carreira coa repercusión económica que isto supón, debido a demandas mal fundamentadas e mal redactadas por sindicatos que están moi lonxe das necesidades e realidades dos traballadores. No caso de xustiza seguimos avanzando nela.

Mentres, no ámbito da xustiza, SPJ-USO preocupouse e traballou todo o ano para que nos orzamentos de 2022 da Xunta de Galicia figure e exista a partida orzamentaria para o desenvolvemento da carreira para TODA A XUSTIZA GALEGA, xa que sen orzamentos non hai desenvolvemento de dereitos “OBXETIVO ACADADO”

Sería difícil de explicar que calquera demanda mal argumentada e redactada por algún sindicato non asinante dos grandísimos dereitos adquiridos por tod@s paralice os logros de todos os traballadores. Hoxe en día a nosa traxectoria profesional é o referente para o resto dos  compañer@s do Estado, e lembremos que Galicia  é a única comunidade, a día de hoxe, cun verdadeiro sistema de traxectoria profesional para a xustiza.

“AINDA ESTAMOS A ESPERAR ANSIOSOS POLA IMPLANTACIÓN DA DO MINISTERIO, PARA MELLORAR A NOSA…….?????”, PERO NON ESQUECER QUE NÓS XA LEVAMOS  DOUS ANOS DE ADIANTO.

 

INSTITUTO DE MEDICINA LEGAL.- RESOLVE A CONVOCATORIA DE PROVISIÓN DE POSTOS DE LIBRE DESIGNACIÓN

No DOGA e no BOE DE HOXE PUBLICASE A RESOLUCIÓN do 22 de outubro de 2021, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se resolve a convocatoria de provisión, polo sistema de libre designación, de postos vacantes no Instituto de Medicina Legal de Galicia, anunciada por Resolución do 1 de setembro de 2021.

Mediante a Resolución do 1 de setembro de 2021, publicada no Diario Oficial de Galicia número 178, do 15 de setembro, e mais no Boletín Oficial del Estado número 221 na mesma data, convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, de postos de traballo vacantes no Instituto de Medicina Legal de Galicia.

Sigue leyendo

BOLETÍN SEMANAL DE NOTICIAS DE SPJ-USO – SEMANA DO 25 AO 31 DE OUTUBRO

Accede ó Boletín semanal de noticias de SPJ-USO premendo no seguinte enlace:

Boletín semanal de noticias SPJ-USO semana do 25 ao 31 de outubro.