Archivo diario: 29/11/2020

PRÓXIMA MODIFICACIÓN DO PRAZO DE DESFRUTE DE ASUNTOS PARTICULARES E VACACIÓNS 2020.

PRÓXIMA MODIFICACIÓN DO PRAZO DE DESFRUTE DE ASUNTOS PARTICULARES E VACACIÓNS 2020.

Este sábado 28 de novembro, o Ministerio de Xustiza (para o personal do ámbito Ministerio), ven de convocar ás organizacións sindicais do seu ámbito, a reunión para o vindeiro martes, onde entre outros puntos da orde do día, se establece o seguinte:

“Orden del día:

  1. Ámbito no transferido: Criterios de ampliación del periodo de disfrute de las vacaciones y permisos por asuntos particulares para 2020.”

Para o ámbito de Galicia, como ben sabedes, dende SPJ-USO, ademais dos diversos escritos presentados, vimos presionando á DXX para a modificación do prazo de desfrute de asuntos particulares e vacacións; inicialmente pedíamos ata o 30 de abril, modificando posteriormente a nosa solicitude ó 31 de marzo, nos termos acordados por función pública estatal.

Pois ben, a Dirección Xeral de Xustiza ata o de agora non acolleu ás nosas xustas reivindicacións, escudándose en que non se tiña modificado o prazo a nivel función pública estatal nin galega, así coma no ámbito Ministerio de Xustiza, onde así se fará o vindeiro martes.

Polo anterior, estaremos vixiantes do acordo definitivo do Ministerio no seu ámbito, mais non cabe dúbida de que XA NON HAI EXCUSAS para modificar na Xustiza galega o prazo de desfrute de asuntos particulares e vacacións de 2020 ata o 31 de marzo de 2021, e así o volveremos a esixir á DXX. 

Manterémosvos puntualmente informados.