
📢🔊 PRÓXIMA MODIFICACIÓN DA ORDE DE SUBSTITUCIÓNS
ℹ️👉 A DXX acaba de darnos traslado vía mail para alegacións da modificación da Resolución do 7 de maio de 2008 pola que se regulan as substitucións entre funcionarios ao servizo da Administración de xustiza en Galicia.
🔘 A modificación consiste na non exixencia do requisito de levar mínimo de seis meses continuados no posto de traballo no caso de que a substitución sexa dentro da mesma unidade («Esta permanencia mínima de seis meses non será exixible ao persoal que solicite a substitución vertical dentro da mesma unidade»).
Manterémosvos puntualmente informados.




















