Archivo diario: 12/11/2020

COMISIÓN PARITARIA INTERINOS 12/11/2020

No día de hoxe celebrouse mediante videoconferencia, Comisión Paritaria de Interinos para tratar a situación actual das bolsas, así como a posibilidade  de estudar diferentes alternativas para solucionar o grave problema actual.

Pola Administración, de forma verbal expónsenos ás  OOSS, o grave  problema actual que provoca que non  se cubran as prazas convocadas nas bolsas de interinos, dado que os requisitos de acceso limitan o número de persoas nas mesmas.

A Administración, ante este problema, dános traslado verbalmente  para alegacións de tres   alternativas para solucionar o grave problema actual:

1ª Modificación parcial da bolsa actual, exposta anteriormente pola  DXX no mes de Xullo, que  afectaría exclusivamente á disposición adicional primeira (solicitude de inclusión nas bolsas durante a súa vixencia), que permitiría a incorporación daquelas persoas  que acrediten dous meses de servizos prestados na Administración de Xustiza, ou ben daqueles que acrediten ter algún exame aprobado dos procesos selectivos  correspondentes aos corpos de Xestión Procesual, Tramitación Procesual e Auxilio Xudicial. Sigue leyendo

PROVINCIA DE PONTEVEDRA: ACLARACIÓNS PARA A MATRÍCULA NO CURSO OBRIGATORIO da EGAP “Curso de formación en prevención de riscos laboráis nas tarefas de tipo administrativo.”

🔊 PROVINCIA DE PONTEVEDRA: ACLARACIÓNS PARA A MATRÍCULA NO CURSO OBRIGATORIO da EGAP “Curso de formación en prevención de riscos laboráis nas tarefas de tipo administrativo.”‼️

ℹ️ Ante as múltiples consultas recibidas, aclaramos paso a paso como proceder á matrícula: ⤵️⤵️

1️⃣ Entramos en https://egap.xunta.gal/matricula 

Identificámonos con usuario e contrasinal.

▪️ Para o caso de non lembrar a contrasinal, pinchamos abaixo en «Recuperar contrasinal ou acceso mediante correo electrónico» ou contactamos telefónicamente coa EGAP.

        No caso de «recuperar contrasina mediante correo electrónico», automáticamente recibiremos un mail no noso correo para activar o contrasinal (ollo: nalgúns casos recibirémolo na carpeta de «spam»); algúns de vós non o recibiredes se non fixéstedes curso algún na EGAP e tedes como correo o corporativo justicia.es que xa non existe; para eses casos debedes contactar telefónicamente coa EGAP no 981.54.62.57

2️⃣ Unha vez entramos, en “cursos dispoñibles, áreas de formación”, pinchamos na 3ª opción “coñecementos transversais”.

3️⃣ En “nome do curso” seleccionamos o primeiro “FX20032” para os funcionarios da provincia de Pontevedra, excepto o partido xudicial de Pontevedra ou o segundo “FX20031” para o partido xudicial de Pontevedra.

A continuación solicitamos o curso.

  • PRAZO DE SOLICITUDES: dende o xoves 12 ata o mércores 18 de novembro.

➡️ Ante calquer problema ou incidencia non dubides en contactar co teu delegado sindical de SPJ-USO.