AAnte esta información, SPJ-USO, insiste na imprescindible FORMACIÓN PRESENCIAL sobre a utilización de equipos de videoconferencia. Así o denunciábamos e solicitábamos para todos @s auxili@s xudiciais mediante Escrito dirixido á DXX, o pasado día 27/01/2020.
SPJ-USO defende que a formación debe ser PRESENCIAL e chegar e ser a mesma para tod@s os traballadores, independentemente de onde se teña o posto de traballo porque só así se evita toda discriminación.
A INFORMACIÓN COLGADA NA INTRANET É A SEGUINTE:

A rede de videoconferencia da Administración de Xustiza en Galicia está integrada por 124 equipos de videoconferencia distribuidos pola totalidade dos partidos xudiciais, e accesibles polos órganos xudiciais, fiscalías e Imelga. Ademáis, os usuarios poden solicitar a instalación dun programa de videoconferencia no seu ordenador persoal que lles permita recibir e realizar chamadas. Dispón de información estatística do uso desta rede na ligazón.



















