Archivo diario: 24/01/2020

LISTAXES DEFINITIVAS DO CONCURSO DE TRASLADOS. ÚLTIMA HORA!!!

concurso_de_traslados_cartel

LISTAXES DEFINITIVAS DE ADXUDICACIÓNS DO CONCURSO DE TRASLADOS 2019 DE XESTIÓN, TRAMITACIÓN E AUXILIO XUDICIAL.

Accede ós arquivos pdf coas adxudicacións:

ORDE RESOLUCIÓN DEFINITIVA CONCURSO 2019

EXCLUÍDOS Concurso

AUXILIO CONCURSO – adxudicacións definitivas

TRAMITACIÓN P.A. – adxudicacións concurso

XESTIÓN P.A. – adxudicacións concurso

Orden de 24-1-2020, do Ministerio de Xustiza, pola que se resolve definitivamente o concurso de traslados ordinario entre funcionarios de Xestión, Tramitación e Auxilio da Administración de Xustiza e relación de excluidos.

Data prevista de publicación no Boletín Oficial del Estado: 18-2-2020

Os ceses serán de forma escalonada como en anos anteriores, fixándose como data de cese para o corpo de Tramitación P.A. o 21 de FEBREIRO e para os corpos de Xestión P.A. e Auxilio Xudicial o 25 de FEBREIRO.

O prazo de toma de posesión será de 3, 8, e 20 días hábiles, segundo se produzca na mesma ou en distinta localidade ou comunidade autónoma.

Accede á páxina do Ministerio:
https://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/Portal/es/ciudadanos/empleo-publico/concursos-traslados/concurso-traslados-ordinario2

OPOSICIÓNS: ÚLTIMA HORA XESTIÓN E TRAMITACIÓN TURNO LIBRE!!!

oposicións

OPOSICIÓNS: ÚLTIMA HORA XESTIÓN E TRAMITACIÓN TURNO LIBRE!!!

Acaba de publicarse na páxina web do Ministerio:

1⃣ 👉Orden por la que se modifica la relación definitiva de admitidos y excluidos (TRAMITACION, ACCESO LIBRE (TRAMITACION PROCESAL Y ADMINISTRATIVA, ACCESO LIBRE, Orden JUS/903/2019, de 9 de agosto (BOE de 31))

2⃣👉PLANTILLAS DEFINITIVAS DE RESPUESTAS DE TRAMITACION, ACCESO LIBRE

3⃣👉EXAMEN DE INCIDENCIAS DE TRAMITACION, TURNO LIBRE

Accede ós puntos 1,2 e 3:
https://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/Portal/es/ciudadanos/empleo-publico/oposiciones-procesos/tramitacion-procesal18?param1=1

4⃣👉NOVEDADES GESTIÓN PROCESAL Y ADMINISTRATIVA, ACCESO LIBRE, Orden JUS/764/2019, de 10 de julio (BOE de 15))

Accede:
https://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/Portal/es/ciudadanos/empleo-publico/oposiciones-procesos/gestion-procesal16

INTERINOS XUSTIZA ÚLTIMA HORA!!!

INTERINOS

Comunícase que a publicación das listas resultantes ás que fai referencia o punto 2 do artigo 10 da Resolución do 18 de marzo, da Dirección Xeral de xustiza, pola que se convocan bolsas de traballo de persoal interino dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza en Galicia prevese para o martes 28.01.2020.

As listas poderán consultarse a través da OPAX, seguindo a ruta Bolsa de interinos->Listaxes.

 

CHAMAMENTOS DE INTERINOS E COBERTURA DAS 7 PRAZAS DE REFORZONA PROVINCIA DE PONTEVEDRA

26416-interinos-justicia

CHAMAMENTOS DE INTERINOS E COBERTURA DAS 7 PRAZAS DE REFORZO DAS QUE VOS INFORMAMOS NO DIA DE ONTE, E QUE VIÑA SOLICITANDO SPJ-USO NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA.

Este mércores  24 de xaneiro de 2020 non foi posible a publicación a través do OPAX das prazas  ofertadas do corpo de tramitación procesual e administrativa por non existir ningunha persoa na bolsa de traballo nin na bolsa de reserva dese corpo.

As  prazas ofertadas son:

3 REFORZO CTPA FISCALIA DE PONTEVEDRA

3 REFORZOS CTPA FISCALIA DE VIGO

1 REFORZO CTPA XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCIÓN N. 2 DE REDONDELA

Segundo recolle o punto 5 do artigo 6 da orde  do 4 de outubro de 2018 sobre selección e nomeamento de persoal interino para cubrir postos de persoal funcionario dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza en Galicia, “ No caso de se esgotar tamén a bolsa de reserva, e mentres non se formen novas bolsas, ofreceráselles a posibilidade de aceptar voluntariamente o nomeamento aos integrantes da bolsa do corpo inmediatamente superior, e subsidiariamente aos do corpo inmediatamente inferior que posúan os requisitos exixidos para o posto concreto”.

Ofrecidas as prazas as persoas disponibles nos corpos de CXPA e CAX, a persoa disponible na bolsa de XESTION NON ACEPTA NINGUNHA DAS PRAZAS, E A PERSOA DISPONIBLE NA BOLSA DE AUXILIO XUDICIAL ACEPTA UNHA DAS PRAZAS DE REFORZO NA FISCALIA DE VIGO .

O Xoves 23 de xaneiro de 2020 CESA UNHA INTERINA NA BOLSA DE TRAMITACIÓN E O DIA 24 DE XANEIRO QUEDA DISPONIBLE NA BOLSA DE TRAMITACIÓN.

O MESMO DIA 24 DE XANEIRO OFRECENSELLE AS PRAZAS DISPONIBLES A PERSOA DISPONIBLE NA BOLSA DE TRAMITACIÓN E ACEPTA UNHA DAS PRAZAS DE REFORZO NA FISCALIA DE PONTEVEDRA .

Ao non existir ningunha persoa mais dispoñible nas bolsas do corpo inmediatamente superior ou inferior , nin ningunha persoa baremada fora da bolsa, acudirase para cubrir o posto ao servizo público de emprego da Comunidade Autónoma para cubrir os postos que quedan sen cubrir:

2 REFORZOS CTPA NA FISCALIA DE VIGO

2 REFORZOS CTPA NA FISCALIA DE PONTEVEDRA

1 REFORZO CTPA
XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCIÓN N. 2 DE REDONDELA

SPJ-USO: FEITOS, non palabras!!!