Archivo diario: 05/12/2019

Nomeamento interinos. Provincia da Coruña

26416-interinos-justiciaD.    Ángel Pérez de León , Xefe do Servizo de Xustiza da  X.Territorial da Vicepresidencia, AAPP e Xustiza  A Coruña , no día de hoxe infórmanos dos seguintes nomeamentos :

XESTORES

SOCIAL N.2 DE SANTIAGO DE COMPOSTELA Pintos Barreiro, María Concepción
XLDO DE PAZ DE OUTES Rodríguez Fraga, Mercedes

 

TRAMITADORES

1ª INST. E INSTR. N.1 ORDES Castro Liñares
TSXG SALA DO SOCIAL Alonso Pita, Begoña
1ª INSTANCIA N.3 A CORUÑA Fernandez Duran, María Jesús

 

AUXILIO

PENAL N. 2 A CORUÑA Sabín Boo, María Monserrat
1ª INST. E INSTR. ARZÚA Castillo Rodeiro, Almudena
DECANATO A CORUÑA Charry Rey, Mª Soledad
DECANATO A CORUÑA Seijo Vazquez, Sonia
FISCALÍA Martínez Sánchez, Almudena

 

E.G.A.P. : Xornada de formación práctica dixital (E-martes).

egap2RESOLUCIÓN do 28 de novembro de 2019 pola que se convoca, no marco da iniciativa Universo EGAP Innova, a IV Xornada de formación práctica dixital (E-martes).

 

Obxectivos.

Os E-martes teñen como finalidade proporcionar formación práctica presencial ao persoal empregado público da Administración autonómica galega e á cidadanía nas transformacións tecnolóxicas, organizativas e lexislativas derivadas da Administración electrónica.

Contidos.

– Sistemas para a contratación pública: Portal Contratos de Galicia. Licitación electrónica SILEX. Xestión de expedientes de contratación PLATION.

Constará dunha introdución xurídica (común) e posterior práctica nas aulas de informática da escola.

 Persoas destinatarias.

– O persoal empregado público.

– A cidadanía: profesionais e persoas interesadas no manexo das aplicacións descritas na súa relación coa Administración.

 Desenvolvemento.

Lugar: EGAP, rúa Madrid, 2-4, Santiago de Compostela.

Data: 17 de decembro de 2019.

Horario: mañá e tarde.

Duración: 6 horas lectivas.

Número de prazas: 50.

 Inscrición. A inscrición nesta actividade formativa só poderá realizarse por vía telemática accedendo ao enderezo https://egap.xunta.gal/matricula.O prazo para a inscrición nesta actividade estará aberto desde as 8.00 horas do día 9 de decembro de 2019 ata as 23.55 horas do día 12 de decembro de 2019. A orde de admisión virá determinada pola data e hora de presentación das solicitudes.

Publicación das listaxes do alumnado seleccionado.A EGAP publicará unha relación das persoas seleccionadas para participar nesta actividade, así como un número adecuado de reservas,  no seu caso .

Certificado de asistencia oficial.

Poderá obterse calquera outra información nos teléfonos 981 54 62 39-981 54 62 41.