Archivo diario: 10/12/2019

SPJ–USO REITERA A CREACIÓN DE NOVOS XULGADOS EN GALICIA.

Resultado de imagen de JUSTICIA DE CALIDAD

SPJ-USO vén de presentar  escritos solicitando das administracións competentes a creación de novos órganos xudiciais para a comunidade de Galicia, por unha xustiza de calidade e celeridade para que os cidadáns, profesionais, e traballador@s poidan ter un servizo público como o resto do Estado e  poder  traballar  con garantías.

 Galicia unha das comunidades autónomas mais infradotadas de órganos xudiciais

A crise sufrida durante anos mantivo paralizada a Administración de Xustiza, o Goberno pretende a creación de novos órganos . Desde SPJ USO aplaudimos a dotación de novos órganos pero consideramos que Galicia conta na actualidade cunha estrutura obsoleta dos órganos xudiciais e de persoais.

A xestión económica da DXX  e do Ministerio de xustiza, e o  observatorio e vixilancia do CXPJ e do TSJG  debe verse reflectida nas necesidades reais dos Xulgados e asumir que Xustiza é un servizo Público que necesita un investimento real de recursos humanos e técnicos para que avance realmente cara ás necesidades reais do cidadán e que non se ancore nun sistema arcaico e que calquera procedemento xudicial sexa resolto de maneira rápido e eficaz.

Desde SPJ USO consideramos que é ostensiblemente necesario mellorar o Servizo Público da Xustiza para romper co colapso actual de moitos Xulgados, nos cales as excesivas cargas de traballo convertéronse no fundamento esencial para a creación de novos órganos. 

Levamos anos sobrevivindo co sobreesforzo d@s compañeir@s e en circunstancias moi graves manternos a base de bombas de osíxeno, como son as prolongacións e os reforzos, medidas sempre precarias que fixeron que momentaneamente respirásemos, pero que nos seguen abocando a unha inevitable asfixia.

 A COMUNIDADE GALEGA PRECISA CON URXENCIA A CREACIÓN DESTES ÓRGANOS XUDICIAIS:

 

A CORUÑA OURENSE
XDO. MERCANTIL 3 DE A CORUÑA PENAL 3 OURENSE
XDO. SOCIAL 7 DE CORUÑA XDO. INSTRUCCIÓN Nº 4 DE OURENSE
XDO. MIXTO Nº 4 DE CARBALLO PONTEVEDRA
XDO. MIXTO Nº 4 DE RIBEIRA XDO.MIXTO Nº 3 DE REDONDELA
XDO. 1ª INSTANCIA 7 DE SANTIAGO (FAMILIA). XDO. MIXTO Nº 4 DE VILLAGARCIA DE AROUSA
LUGO XDO. DO PENAL Nº 4 DE VIGO
XDO. MIXTO Nº 2 DE CHANTADA XDO. DO PENAL Nº 5 DE PONTEVEDRA
XDO. INSTRUCCIÓN Nº 4 DE LUGO XDO. DE 1ª INSTANCIA Nº 6 DE PONTEVEDRA
XDO. PENAL Nº 3 DE LUGO
XDO. SOCIAL Nº 4 DE LUGO
 XDO. MIXTO Nº 2 DE SARRIA

ESCRITOS PRESENTADOS:

SOLICITUD ORGANOS NUEVA CREACIÓN CONSEJO

SOLICITUD ORGANOS NUEVA CREACIÓN DXX

SOLICITUD ORGANOS NUEVA CREACIÓN MINISTERIO

SOLICITUDE ORGANOS NOVA CREACIÓN TSX