Archivo mensual: octubre 2008

O TSXG reúnese en Pontevedra para celebrar un Pleno de carácter ordinario

Antonio Gutierrez, presidente en funcións da Audiencia, deu a benvida ao presidente do TSXG, no centro

Antonio Gutierrez, presidente en funcións da Audiencia, deu a benvida ao presidente do TSXG, no centro

Fonte: Diario de Pontevedra,

A comida homenaxe ao ex presidente da Audiencia Provincial, Manuel Almenar, serviu de escusa para que a sala de goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) celebrase o seu pleno ordinario en Pontevedra e se adoptasen algunhas decisións relevantes de cara ao mellor funcionamento da admón. de Xustiza na capital.

O futuro xulgado de violencia de xénero da cidade de Pontevedra será de ámbito comarcal. Ademais do municipio pontevedrés, o novo órgano agrupará os partidos xudiciais dos concellos de Vilagarcía, Cambados, Caldas de Reis e Marín. O presidente en funcións do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), Antonio González Nieto, confirmou a noticia minutos antes da súa participación no Pleno ordinario que a sala de goberno da institución celebrou onte na Audiencia Provincial de Pontevedra. A pesar de non haber data concreta para a súa posta en marcha, o certo é que a capital da provincia se converterá na terceira cidade galega -tras A Coruña e Vigo- cunha sala que se ocupará de forma específica ás causas derivadas de malos tratos.
O que si ten os días contados para comezar a súa actividade é o quinto Xulgado de Primeira Instancia de Pontevedra. Activarase o próximo 31 de decembro e suporá a reordenación do edificio xudicial de A Parda debido a problemas de espazo. “Este é un escollo que temos en bastantes xulgados de Galicia, pero a Consellería de Presidencia e Administración Pública e Xustiza traballa xa para buscar unha solución”, explicou González Nieto.

Coa especialización do citado xulgado este asumirá as competencias en materia de dereito de familia, – liquidación de réxime económico matrimonial, capacidade, tutelas, protección de menores e internamento voluntario en réxime psiquiátrico, entre outros-  que provocou xa o colapso noutros xulgados de primeira instancia debido á separación das causas xudiciais civís e penais. Estas últimas son máis levadeiras en termos de carga laboral.

O presidente do TSXG asegurou, por outra parte, que a Audiencia Provincial de Pontevedra foi unha das poucas nas que non se produciu un colapso administrativo nas causas de carácter civil. “É certo que hai problemas coa sección dependente, en Vigo. Neste caso foi por falta de planificación no primeiro momento no que entraron en funcionamento, cando se acumularon o número de asuntos,”, argumentou González Nieto, que adiantou que o problema se está a resolver a través de maxistrados de reforzo.

Fernández Bermejo expresa a Dívar a necesidade de convocar a comisión mixta MJU-CGPJ

Trátase de «examinar xuntos as medidas que o Goberno está a impulsar para a mellora na Administración de Xustiza no marco dunha leal colaboración institucional»

Na carta ao presidente do Consello, o ministro sinala que «os actores do servizo público da Xustiza habemos de protagonizar unha nova etapa, tan prometedora e ilusionante como esixente»

Para ler o comunicado do Ministerio facer clik aqui

O Xulgado de 1ª Instancia nº 4 de Ourense ao bordo do colapso

O xulgado, que leva os asuntos de mercantil, recibiu en dous meses tantos concursos como en todo o ano 2007.

Fonte: La Región

Crítica parece que empeza a ser a situación na que se atopa o Xulgado de 1ª Instancia número 4, con competencias en materia mercantil. A crise económica, que se está a facer evidente dende o comezo do último trimestre do ano, tivo xa reflexo, case preocupante, nas cifras de asuntos que se manexan no xulgado.

Así, mentres que no 2007 a instancia recibiu un total de 1.323 asuntos, este ano a cifra de entradas atopa xa nos 1.200, o que fai sospeitar que o ano se pechará cunhas 1.600 causas. Isto suporía un importante aumento en só doce meses.

Especialmente significativo, neste sentido, é o que acontece cos concursos de acredores. Tanto é así que no ano 2007 se recibiron unha decena de asuntos procedentes de empresas que declaran suspensión de pagamentos, mentres que ata comezos do mes de outubro do 2008 se xa dera entrada a 19 destes asuntos. De feito, a chegada de demandas de empresas que se acollen á Lei Concursal foi abafadora entre os meses de setembro e outubro, con oito demandas, case as mesmas que se recibiron durante todo o ano pasado.

Con estes datos sobre a mesa a xunta de persoal urxe á Xunta para que acorde enseguida o reforzo do persoal que traballa no xulgado, que tamén ten outras competencias civís. «De non se facer ese reforzo, nuns meses o xulgado estará colapsado», auguran.

Reforma das prestacións da xubilación por incapacidade das clases pasivas nos PXE 2009

A pesar das promesas na Lei de Presupostos incluíuse unha modificación substancial no actual sistema de pensións de Clases Pasivas no que se atopan actualmente máis de 600.000 pensionistas. O Departamento Técnico da Federación realizou un informe no que se pode visualizar claramente o recorte que supón esta modificación nas pensións, que se pretende facer pola porta traseira (Lei de Presupostos).

Dende USO consideramos inaceptable que se fagan recortes sociais e sobre todo nun tema tan importante como son as pensións de xubilación.

Para visualizar o informe preme aqui

O CGPJ ultima un «ambicioso» plan de actuación para modernizar a Xustiza

Fuente: ABC

O Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ) ten practicamente rematado un primeiro borrador do que pode considerarse a «folla de ruta» para modernizar a Administración de Xustiza. Un proxecto «ambicioso e con vocación de futuro» que o órgano de goberno dos xuíces consensuará coa propia carreira así como co Goberno e as comunidades autónomas, responsables últimos de facer viable -mediante unha seria inversión económica- unha reforma en profundidade.
O plan de actuación está sendo redactado polos vogais que integran a Comisión de Modernización e será debatido o luns cunha delegación que representa os xuíces decanos de toda España. Esta -á que acudirán os decanos de Madrid, Barcelona, Sevilla, Valencia e Bilbao- é a primeira das reunións previstas e o seu obxectivo é que o documento propoña solucións aos problemas reais cos que se enfrontan día a día os xuíces no desenvolvemento do seu traballo.

Sigue leyendo →