Archivo diario: 06/10/2008

MUGEJU – Incapacidade Temporal

Nota informativa explicativa do subsidio de incapacidade temporal de MUGEJU.
Para acceder á nota facer clik aqui.

Convocatoria de selección de responsables operativos de calidade e coordinador operativo no marco de implantación do sistema de xestión de calidade nas oficinas de fiscalías de Galicia.

No DOG de hoxe, 6.10.08, publicase a convocatoria de selección de responsables operativos de calidade e coordinador operativo no marco de implantación do sistema de xestión de calidade nas oficinas de fiscalías de Galicia. Os solicitantes terán que ser funcionarios titulares do corpo de xestión procesual e administrativa con destino en calquera das oficinas das fiscalías provinciais ou de área de Galicia.

Para ver a resolución preme aqui

Comisión de servizos para os Servizos de Atención á Cidadanía e a Vítima

O DOG de hoxe publica, como xa vos anunciaramos, a Resolución do 22 de setembro de 2008, da Dirección Xeral de Xustiza pola que se convoca a provisión de forma temporal e por petición do interesado, de postos de traballo nos servizos de atención ao cidadán e á vítima dependentes dos decanatos, entre funcionarios do corpo ou escala de xestión procesual e administrativa e tramitación procesual e administrativa da Administración de Xustiza con destino na nosa Comunidade, sempre que se atopen en servizo activo e non teñan posibilidade de obter praza no concurso de traslados convocado por Resolución do 15 de marzo de 2.008.
As solicitudes cubriranse conforme ao Anexo II, e presentaranse dentro do prazo de 5 días hábiles contados a partir do día seguinte a esta publicación, dirixidas á Dirección Xeral de Xustiza e anticipadas por fax. 981. 54 62 22 a Dirección Xeral. As Comisións de Servizo iniciaranse o próximo día 31 de outubro de 2008 e concluirán coa adxudicación destas prazas mediante concurso de traslado.

As prazas que se convocan son as seguintes: Unha praza de Xestor Procesual e unha de Tramitador Procesual para as oficinas de Ferrol, Santiago, Lugo, Ourense e Vigo, e unha praza de Tramitador Procesual para as oficinas de A Coruña e Pontevedra.

Para consultar a orde da convocatoria, preme aqui.