📢🔊PUBLICADA A RESOLUCIÓN DA REORDENACIÓN DE EFECTIVOS DA FASE III.

PUBLICADA RESOLUCIÓN DA DIRECCIÓN XERAL DE XUSTIZA POLA QUE SE ADXUDICAN POSTOS DE TRABALLO DO PROCESO DE REORDENACIÓN DE EFECTIVOS DENTRO DA REORGANIZACIÓN QUE SE REALIZA CON MOTIVO DA IMPLANTACIÓN DA FASE III

ACCEDE Á RESOLUCIÓN PUBLICADA

Ao persoal que non obtivo posto nesta fase adxudicaráselle un posto mediante reasignación forzosa.

Recibidas as solicitudes presentadas polo persoal funcionario na fase de reordenación de efectivos e de conformidade cos criterios de adxudicación establecidos na resolución do 25 de novembro de 2025, procede adxudicar os postos convocados.

En consecuencia RESOLVO:

  1. Adxudicar na fase de reordenación de efectivos os postos convocados as persoas funcionarias que figuran no Anexo I.
  2. A toma de posesión terá lugar o 31.12.2025, data de entrada en funcionamiento nas novas unidades da fase III.
  3. O posto de traballo ao que se acceda a través de reordenación terá carácter definitivo, iniciándose o cómputo de tempo de permanencia para poder concursar dende a data da resolución pola que se accedeu por primeira vez con carácter definitivo ao centro de destino do que procedían se se trata de funcionarios de novo ingreso, ou desde a data da resolución de convocatoria, conforme ao disposto no artigo 46.1 do RD 1451/2005, do 7 de decembro.
  4. Ao persoal que non obtivo posto nesta fase adxudicaráselle un posto mediante reasignación forzosa.

ACCEDE Á RESOLUCIÓN PUBLICADA

Comparte en redes o resume con la IA

Comentarios cerrados.