O Ministerio comunicou erros na Orde PJC/1231/2026, publicada no BOE do 17 de novembro, relativa aos destinos de Tramitación Procesual e Administrativa, quenda libre, da convocatoria PJC/64/2024.
A publicación da corrección no BOE está prevista para o 26 de novembro de 2026.
Esta rectificación non modifica a oferta nin os prazos de Galicia
NOVA LISTAXE DE PRAZAS
Publicarase un novo anexo I, que deixará sen efecto o anterior. O Ministerio advirte de que a oferta variará considerablemente.
NOVO PRAZO DE SOLICITUDE
Abrirase un prazo de cinco días hábiles desde o día seguinte á publicación da corrección no BOE.
SE PRESENTAS A SOLICITUDE ANTES DA CORRECCIÓN
As persoas que envíen a petición desde o 18 de novembro ata a publicación da rectificación poderán presentar novas solicitudes dentro do novo prazo. Só terá efecto a última recibida.
RECOMENDACIÓN DO MINISTERIO
Agardar á publicación da corrección antes de enviar a solicitude, para escoller sobre a oferta rectificada.
SPJ-USO ESIXE RIGOR E SEGURIDADE PARA AS PERSOAS APROBADAS!
Escoller destino é unha decisión que afecta á vida persoal, familiar e profesional. As persoas aspirantes merecen información fiable e instrucións claras.
Esiximos ao Ministerio unha oferta correctamente revisada, unha comunicación accesible dos cambios e garantías para que ninguén resulte prexudicado polos erros da Administración.
Se tes dúbidas sobre o teu ámbito ou a presentación da solicitude, contacta cos teus delegados e delegadas de SPJ-USO.


















