Publicado no BOE do 17 de novembro de 2026 os reais decretos 995/2026 e 996/2026, que recollen para Galicia 19 novas prazas xudiciais e 9 de fiscais, ademais de modificacións en materia de Violencia sobre a Muller.
Estas son as novas prazas que corresponden a Galicia:
⚖️ 19 NOVAS PRAZAS XUDICIAIS
📍 A CORUÑA — 4
🔴 1 de maxistrado/a na Sección 5.ª da Audiencia Provincial, orde civil.
🔴 Civil n.º 17 do Tribunal de Instancia.
🔴 Social n.º 8 do Tribunal de Instancia.
🔴 1 de Presidencia do Tribunal de Instancia, liberada de traballo xurisdicional.
📍 FERROL — 2
🔴 Civil n.º 7 e Social n.º 3 do Tribunal de Instancia.
📍 SANTIAGO DE COMPOSTELA — 1
🔴 Civil n.º 7 do Tribunal de Instancia.
📍 LUGO — 2
🔴 Civil n.º 6 e Social n.º 5 do Tribunal de Instancia.
📍 VIVEIRO — 1
🔴 Civil e Instrución n.º 3 do Tribunal de Instancia.
📍 OURENSE — 1
🔴 Social n.º 5 do Tribunal de Instancia.
📍 PONTEVEDRA — 3
🔴 1 de maxistrado/a na Sección 2.ª da Audiencia Provincial, orde penal.
🔴 Civil n.º 5 e Social n.º 5 do Tribunal de Instancia.
📍 VIGO — 3
🔴 Civil n.º 12 e Social n.º 8 do Tribunal de Instancia.
🔴 1 de Presidencia do Tribunal de Instancia, liberada de traballo xurisdicional.
📍 PONTEAREAS — 1
🔴 Civil e Instrución n.º 4 do Tribunal de Instancia.
📍 VILAGARCÍA DE AROUSA — 1
🔴 Civil e Instrución n.º 4 do Tribunal de Instancia.
VIOLENCIA SOBRE A MULLER: OUTRAS MEDIDAS QUE RECOLLE O DECRETO
TRANSFORMACIÓNS NA CORUÑA E VIGO
A disposición final segunda do RD 996/2026 modifica o RD 422/2025 e mantén na súa redacción:
🔴 A Coruña: transformación da praza n.º 8 de Instrución na praza n.º 2 de Violencia sobre a Muller.
🔴 Vigo: transformación da praza n.º 8 de Instrución na praza n.º 2 de Violencia sobre a Muller.
⚠️ Son transformacións de prazas, non dúas novas creacións adicionais ás 19 anteriores.
AMPLIACIÓN DO ÁMBITO TERRITORIAL DE VSM DE PONTEVEDRA
🔴 A Sección de Violencia sobre a Muller do Tribunal de Instancia de Pontevedra estende a súa xurisdición aos partidos xudiciais de:
Vilagarcía de Arousa, A Estrada, Lalín, Cambados, Caldas de Reis e Marín.
📅 Efectos: 1 de xuño de 2027.
Esta ampliación territorial non vai acompañada neste decreto da creación dunha nova praza de VSM en Pontevedra.
9 NOVAS PRAZAS DE FISCAIS
Unha praza de segunda categoría en cada destino:
🔴 Fiscalías provinciais da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra.
🔴 Fiscalías de área de Santiago de Compostela, Ferrol e Vigo.
🔴 Seccións territoriais de Mondoñedo e Monforte de Lemos.
📅 POSTA EN FUNCIONAMENTO DAS NOVAS PRAZAS
31 de decembro de 2027
🔴 As 9 prazas de fiscais.
🔴 As 2 prazas das audiencias provinciais.
🔴 As novas prazas de Ponteareas, Vilagarcía de Arousa e Viveiro.
1 de xuño de 2028
🔴 As novas prazas dos tribunais de instancia da Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo, incluídas as presidencias da Coruña e Vigo.
1 de novembro de 2028
🔴 As novas prazas de Ferrol: Civil n.º 7 e Social n.º 3.
⚠️ Estas datas corresponden ás novas creacións da programación de 2027. A ampliación territorial de VSM de Pontevedra ten a súa propia data: 1 de xuño de 2027
✊ MÁIS COMPETENCIAS E MÁIS ACTIVIDADE ESIXEN MÁIS PERSOAL!
SPJ-USO esixe á DXX a negociación e ampliación das RPT, a creación e cobertura das correspondentes prazas de Xestión, Tramitación e Auxilio e medios materiais suficientes.
A ampliación territorial de Violencia sobre a Muller debe acompañarse dunha avaliación das cargas de traballo e dos recursos necesarios para garantir unha atención adecuada ás vítimas.
Non aceptamos que as novas necesidades se cubran aumentando a sobrecarga dos cadros de persoal existentes. A mellora da Xustiza require persoal e medios efectivos!
ACCEDE AQUI PARA MÁIS INFORMACIÓN:
🔗REAL DECRETO 995-2026 PRAZAS FISCAIS
🔗REAL DECRETO 422-2025TEXTO CONSOLIDADO VSM


















