AS SUBAS 🪙🪙 SALARIAIS PENDENTES NA XUSTIZA GALEGA PARA 2027 NON CORREN PERIGO: 📣📣 O Goberno aprobará hoxe martes 17/11 a suba do 4,5% dos salarios dos funcionarios para 2027

AS SUBAS 🪙🪙 SALARIAIS PENDENTES NA XUSTIZA GALEGA PARA 2027 NON CORREN PERIGO: 📣📣 O Goberno aprobará hoxe martes 17/11 a suba do 4,5% dos salarios dos funcionarios para 2027

ℹ️➡️ ​O incremento do 4,5%, anunciado en plena campaña electoral, aínda que xa estaba previsto, terá efectos desde o 1 de xaneiro de 2027 e aboarase nas nóminas dese exercicio.

👉 A esta mellora sumarase, durante o primeiro trimestre de 2027, un 0,5% correspondente á desviación da inflación do ano pasado, unha compensación que xa estaba tamén prevista no acordo cos sindicatos e que deixaría a revisión no 5% anunciado en outubro deste ano.

👉 Este 0,5 % será con atrasos dende xaneiro de 2026 durante o primeiro trimestre de 2027.

​O Goberno condicionou o seu abono a que a inflación interanual de decembro de 2026 acadase polo menos o 1,5%, un limiar que se supera amplamente malia que hai que agardar a que o INE publique o dato definitivo de decembro.

👉 ​A suba correspondente a 2027 aprobarase antes das eleccións para evitar atrasos derivados das limitacións que afronta o Executivo cando se atopa en funcións.

👉 Deste xeito, a subida total prevista para 2027 é do 5 % (4,5 + 0 5).

📣 Non aceptamos que se presente como unha concesión política o que é o cumprimento dun acordo. O persoal da Administración de Xustiza leva anos soportando a perda de poder adquisitivo e o encarecemento do custo da vida.

👉 Cómpre lembrar tamén que o acordo abrangue ata 2028 e establece para ese ano un incremento do 2 %, que tamén debe cumplirse.

▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃

🪙🪙 COMPLEMENTO ESPECÍFICO GALICIA:
Acordo acadado o 1 de abril entre a Xunta de Galicia e as organizacións sindicais SPJ-USO e outras,
para a mellora das condicións de traballo do persoal da Administración de xustiza de Galicia.
– Acordouse unha suba de 225 euros en 3 anualidades (40% en 2026, 30% 2027 e 30% en 2028).
👉 O 30% do ano 2027 suporá un incremento de 67,5 euros mensuales para todos os corpos.
👉 (PREVISTO NOS ORZAMENTOS 2027 DA CCAA GALEGA).

▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃

🪙🪙 CARREIRA PROFESIONAL DA XUSTIZA GALEGA DA QUE SPJ-USO FOI IMPULSOR:
👉 Lembramos o valor 🪙 de cada grao (hai 4 graos):
☑️ Forenses 241,63 €/grao
☑️ Xestión 169,10 €/grao
☑️ Tramitación 109,06 €/grao
☑️ Auxilio 92,57
€/grao

👉 Debido a que o cobro de cada grado se percibe en 3 anualidades, en 2027, tódolos traballadores que adquiriron grado na convocatoria de 2026, terán unha suba de entre un 30 e un 35 % do valor do grado, segundo o caso.
👉 (Suba 2027: Forenses 85 €, Xestión 60 €, Tramitación 33 €, Auxilio 28 €)

👉 (PREVISTO NOS ORZAMENTOS 2027 DA CCAA GALEGA).

▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃

📣📣 Nota: A todos os conceptos retributivos haberá que incrementarlles o 4,5% da suba estatal.

▪️ Manterémosvos puntualmente informados.

Comparte en redes o resume con la IA

Comentarios cerrados.