Archivos de la categoría NOVA OFICINA XUDICIAL

A SOLICITUDE DE SPJ-USO A DXX CONVOCA MESA SECTORIAL DE XUSTIZA SOBRE O CAOS DOS TRIBUNAIS DE INSTANCIA PARA O 🗓️ 3/2/2026

A DXX, trala solicitude de SPJ-USO da que vos informamos recentemente (🔗 https://spjusogalicia.com/spj-uso-solicita-mesa-de-trabajo-para-examinar-y-analizar-las-carencias-de-los-tribunales-de-instancia-en-los-pueblos/
🔗 https://spjusogalicia.com/tribunales-de-instancia-analisis-de-los-protocolos-de-actuacion-un-desproposito/) ven de enviar convocatoria de mesa sectorial, que salvo imprevisto celebrarase o próximo 🗓️ martes 3 de febreiro ás 10:30 h na sala Colmeiro da EGAP coa seguinte orde do día:

  1. Seguimento e avaliación da implantación da Nova Oficina Xudicial en Galicia.
  2. Rogos e preguntas.

SPJ-USO: Sempre ben informados.

SPJ-USO ⚖️: Os teus DEREITOS, o noso TRABALLO!!!
FEITOS, non palabras!!!

INFORMACIÓN MUGEJU-IMPORTANTE: ACTUALIZACIÓN DE DESTINO EN BASE A LA ENTRADA EN FUNCIONAMIENTO DE LOS TRIBUNALES DE INSTANCIA. CAMBIO ORDINARIO DE ENTIDAD MÉDICA Y PARTE DIGITAL DE ALTA/BAJA

Adjuntamos diversas informaciones referentes a MUGEJU, y ponemos en vuestro conocimiento que tenemos obligación de actualizar nuestros datos en la sede de Mugeju.

IMPORTANTE: ACTUALIZACIÓN DE DESTINO EN BASE A LA ENTRADA EN FUNCIONAMIENTO DE LOS TRIBUNALES DE INSTANCIA.
👉 Amplía información sobre la actualización de datos y accede a la Sede Mugeju para actualización de datos de destino (Se debe adjuntar el documento de confirmación, reordenación o reasignación forzosa)
🔗 https://sedemugeju.gob.es/procedimientos-y-servicios/afiliacion/variacion-de-datos-de-titulares

CAMBIO ORDINARIO DE ENTIDAD MÉDICA
👉 Os recordamos que el plazo ordinario para el cambio de entidad médica finaliza el 🗓️ 31 DE ENERO DE 2026, durante el cual todos los mutualistas podrán realizar el cambio de entidad médica si así lo desean.
🔗 https://spjusogalicia.com/mujegu-cuadros-medicos-actualizados-2026-y-cambio-de-entidad-medica/

 PARTE DIGITAL DE ALTA/BAJA
👉 Se recuerda a todas las personas mutualistas que tienen a su disposición en la web de MUGEJU, sección “impresos”, el parte de alta/baja laboral para su descarga y utilización
🔗 Parte digital alta/baja | Mutualidad General Judicial https://share.google/MsoWGptqEjuxRMZmR

▪️ Para cualquier duda o aclaración ponte en contacto con tu delegado sindical de SPJ-USO.

MUGEJU informa a SPJ-USO que, a pesar de estar colgado na súa web a solicitude de actualización de datos,  recomenda esperar ó mes de febreiro, cando contan ter actualizada a web cos novos destinos dos Tribunais de Instancia, para posteriormente facer o cambio procedente.

SPJ-USO: Sindicato MAIORITARIO na XUSTIZA ⚖️ Galega!!!

INTRANET XUSTIZA: LO 1/2025 | Primeiros cambios tecnolóxicos derivados da implantación da NUMO nos partidos xudiciais de Santiago de Compostela, A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Vigo e Pontevedra – fase 3

Na intranet de xustiza vense de publicar a seguiente información en relación coa implantación da NUMO fase III:

RESULTADO DA REUNIÓN INFORMATIVA COA DXX SOBRE A IMPLANTACIÓN DA FASE III 2026

Rematada a reunión informativa online coa dirección xeral de Xustiza sobre o resultado da Conferencia Sectorial e sobre a planificación da implantación da fase III NUMO en Galicia o resultado de maneira resumida foi o seguinte:

  1. O director Xeral confirmounos que non se suspende a implantación da NUMO fase III, agás no caso de Asturias (Oviedo, Xixón e Avilés) que teñen unha ampliación ata o 15 de febreiro.
  2. Con respecto a implantación manifestou que non será inmediata en Galicia, plantexándose unha entrada  gradual ata o 31 de marzo en varias fases, en concreto 4, iniciándose pola denominada fase crítica con data o 31 de decembro para localizar os LAJs e funcionarios que cambian de xurisdicción e área, os de garda, os de instrución e os de VSM. Todo esto a efectos de permisos e accesos os módulos (minerva) dese persoal o novo destino que teña según os protocolos. O día 31 de decembro persoal da Amtega estará comprobando todos estos permisos para evitar disfuncións no caso deste persoal «crítico»
  3. A fase 2 sería para o persoal  (LAJs e funcionarios) destinados no Servicio Común Xeral. Fase 3 sería para o persoal del Tribunais de Instancia decantándose por facer esta fase por cidades, inda que non está cerrado o tema. A fase última sería para as Audiencias Provinciais e os TSXG por ser os que menos cambios sofren. Todo isto virá reflexado nun cronograma que trasladarán as OOSS en canto o teñan totalmente definido.
  4. Manifesta o dxx que inicialmente o día 2 de xaneiro non haberá cambios físicos de posto de traballo, faránse gradualmente ata o día 31 de marzo mantendo os mesmos permisos e accesos que tiñan ata agora. No caso da cidade de Ourense onde o coordinador fixou para os días 26,29 e 30 de decembro  a mudanza,  manifestou que «falará» co coordinador para que «bote o freno».
  5. Con respecto as funcións do copo de auxilio nesta implantación, manifestou o director Xeral que van valorar cómo se fai a «mudanza» dos expedientes físicos, escritos e comunicacións en soporte papel en función do seu número.  SPJ-USO exisiulle a paralización inmediata desta «mudanza» camuflada coma porteo.
  6. A subdirectora xeral confirmounos que na nómina de xaneiro aboarase  os 90 euros correspondentes  a parte proporcional do complemento acordada para o ano 2026, así como a suba do 4% correspondente parte estatal do IPC. A maiores noutra nómina a mediados de xaneiro os atrasos correspondentes o 2.5% pendente do ano 2025.

Manterémosvos puntualmente informados.

 

 

PUBLICADA NO DOG A NOVA NORMATIVA DE COMISIÓNS DE SERVIZOS

No DOG de hoxe acaba de publicarse a RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 2025, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se establecen criterios para a cobertura de postos de traballo mediante comisión de servizos no ámbito da Administración de xustiza na Comunidade Autónoma de Galicia.

Entrará en vigor coa entrada en funcionamento da nova oficina xudicial, o 🗓️ 31 de decembro de 2025.

Se queres descargar a normativa en pdf preme aquí:⤵️⤵️

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/comisións.pdf