Xornada de formación práctica dixital (E-martes) sobre o uso de certificados dixitais na Xunta de Galicia

RESOLUCIÓN do 27 de agosto de 2025 pola que se convoca, no marco da iniciativa Universo EGAP Innova, a Xornada de formación práctica dixital (e-martes) sobre o uso de certificados dixitais na Xunta de Galicia

Contidos

A xornada de formación  abordará os seguintes contidos:

• Uso interno nas administracións públicas: certificados de empregado público, certificados de selo electrónico para actuacións administrativas automatizadas e portasinaturas corporativo.

• Cidadanía: sede electrónica da Xunta de Galicia. Proxecto Chave365. Sala electrónica de sinaturas.

Os dous grupos de persoas destinatarias participarán de xeito conxunto na parte teórica da formación que, na súa parte práctica, se adaptará aos requirimentos específicos de cada grupo.

 Persoas destinatarias

As persoas destinatarias desta actividade son:

• O persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración autonómica galega, dos seus entes públicos instrumentais e da Administración institucional. Neste grupo de persoas destinatarias priorizarase a inscrición daquelas persoas solicitantes que poidan xustificar debidamente que as súas funcións están directamente relacionadas coa materia impartida.

• A cidadanía: profesionais e persoas interesadas na materia impartida.

 Desenvolvemento.

🔴Lugar: Escola Galega de Administración Pública (EGAP), rúa Madrid, 2-4, Santiago de Compostela.

🔴Data:  o martes 23 de setembro de 2025.

🔴Horario: de mañá e tarde.

🔴Duración: 7 horas lectivas.

🔴Número de prazas: Cincuenta (50).

👉 Inscrición

1. A inscrición nesta actividade formativa só poderá realizarse por vía telemática accedendo ao enderezo (https://egap.xunta.gal/matricula/). As solicitudes entenderanse presentadas unha vez se complete correctamente o proceso de matriculación.

2. Antes de formalizar a súa inscrición nesta actividade todas as persoas deberán introducir ou actualizar os datos da súa área de matrícula, de acordo coas persoas destinatarias e requisitos de selección establecidos na bases terceira e oitava respectivamente. En concreto, deberán indicar correctamente o colectivo de persoas destinatarias ao cal pertencen (Administración autonómica, para o persoal empregado público da Administración autonómica galega, dos seus entes públicos instrumentais e da Administración institucional, ou Cidadanía, no caso de non ser persoal empregado público)

3. O prazo para a inscrición nesta actividade estará habilitado desde as 9.00 horas do primeiro día hábil seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata as 23.59 horas do día 17 de setembro de 2025

Amplía información no DOG:

Resolución DOG Mércores, 3 de setembro de 2025

Comparte en redes o resume con la IA

Comentarios cerrados.