ÚLTIMAS INFORMACIÓNS/APROXIMACIÓNS DO MINISTERIO DE XUSTIZA SOBRE O CONCURSO DE TRASLADOS 2024 E DA TOMA DE POSESION DOS XESTORES DE NOVO INGRESO

ÚLTIMAS INFORMACIÓNS/APROXIMACIÓNS DO MINISTERIO DE XUSTIZA E DA DIRECCIÓN XERAL DE XUSTIZA RESPECTO DO 👉 CONCURSO DE TRASLADOS 2024 E DA 👉 TOMA DE POSESIÓN DOS XESTORES DE NOVO INGRESO‼️
▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃

ℹ️➡️ As actuación irresponsables e faltas de respecto cara ós traballador@s tanto do Ministerio de Xustiza por un lado, coma da Dirección Xeral de Xustiza polo outro lévannos a que o escenario sexa o seguinte: ⤵️⤵️

🔴 CONCURSO DE TRASLADOS 2024: Non se pode garantir a estas alturas do ano que o concurso se publique no mes de outubro, barallándose a posibilidade de que a publicación sexa incluso no mes de novembro.
▪️ Referente ás prazas a ofertar pola comunidade galega, neste momento, a solicitude de SPJ-USO maniféstasenos que a listaxe non está preparada, e que en canto o estea se nos dará o oportuno traslado para achegas.

🔴 TOMA DE POSESIÓN DOS XESTORES DE NOVO INGRESO: O Ministerio de Xustiza manifesta que se prevé a publicación no BOE ó longo do mes de OUTUBRO (o que é o mesmo que non decir nada…..), sen aclarar se será nos primeiros días do mes, se a mediados ou finais…… o cal calificamos como indignante e presentamos a oportuna queixa.

▪️Debemos lembrar que o concurso de traslados e a toma de posesión dos xestores de novo ingreso están íntimamente interrelacionadas dado que da data de publicación de un e do outro vai depender que moitos deses Xestores en excedencia, adscritos provisionais, etc…. poidan participar no concurso de traslados 2024.

😡😡 En fin, o calificativo que lle podemos poñer ó Ministerio de Xustiza como responsable da tramitación destes procesos, como á Dirección Xeral de Xustiza como colaborador é a de “MOI DEFICIENTE”.

Comparte en redes o resume con la IA

Comentarios cerrados.