ÚLTIMA HORA: PROCESOS SELECTIVOS PENDENTES, DATAS DE EXAMES DA OEP 2025, RESOLUCIÓN DO CONCURSO DE TRASLADOS 2024-2 E CONVOCATORIA DO CONCURSO 2026

spjinforma

📢🔊 ÚLTIMA HORA:
PROCESOS SELECTIVOS PENDENTES
DATAS DE EXAMES DA OEP 2025
RESOLUCIÓN DO CONCURSO DE TRASLADOS 2024-2 E
CONVOCATORIA DO CONCURSO 2026‼️
▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃

ℹ️➡️ O Ministerio de Xustiza informa:

🔴 Ten intención de que neste 👉 mes de xaneiro se publíque no BOE a adxudicación de destinos de Tramitación, estabilización por concurso de méritos.

👉 Posteriormente prevese a publicación das ofertas de destinos en Xestión e Auxilio, estabilización por concurso de méritos, sen concretarse data.

👉 Manifesta o Ministerio a sua intención de que para o mes de 🗓️ MARZO/ABRIL (en todo caso antes do verán…) estean outorgados todos os destinos de todos os procesos selectivos de estabilización pendentes, tanto por concurso de méritos como por concurso oposición.

🔴 OEP 2023: Rematado o anterior procederase a ofertar destinos ós aprobados da OEP 2023.

🔴 DATAS DE EXAME DA OEP 2025: Para 👉 antes do verán tamén están previstos os exames de promoción interna e para 👉 despois do verán os exames de a quenda libre dos corpos xerais.

🔴 CONCURSOS DE TRASLADOS.
👉 O “concursillo” da Fase I (pobos) resolverase «en breve», sen precisar datas.

👉 CONCURSO XERAL 2026: O Ministerio comprométese a convocar o CONCURSO de traslados 2026 no primeiro trimestre deste ano.

▪️ SPJ-USO: Manterémosvos puntualmente informados.

Comparte en redes o resume con la IA

Comentarios cerrados.