ÚLTIMA HORA, ALEGACIÓNS PRESENTADAS POR SPJ-USO AO BORRADOR DE SERVIZOS MÍNIMOS REMITIDAS POLA DXX

servicios minimosNo día de hoxe recibímos borrador de Resolución remitido pola DXX pola que se adapta a cobertura dos Servizos esenciais da Administración de Xustiza ao RDL 10/2020, do 29 de marzo de 2020.

Tras o correspondente estudo da resolución, acabamos de remitir escrito de alegacions, no cal entre outras alegacións ESIXIMOS ao Ministerio de Xustiza e á DXX que, para evitar a propagación do Coronavirus, proceda de inmediato ao PECHE TOTAL DE TODAS AQUELAS DEPENDENCIAS XUDICIAIS NAS QUE NON SE PRESTAN SERVIZOS ESENCIAIS, agás o  Rexistro Civil ou órganos e servizos en funcións de Garda, manténdose nun réxime de dispoñibilidade e continua localización ao resto do persoal, para que atenda de maneira exclusiva aquelas ACTUACIÓNS URXENTES E QUE SEXAN DO TODO INAPRAZABLES. Avogamos polo PECHE ABSOLUTO E INMEDIATO DE TODOS AQUELES CENTROS DE TRABALLO QUE SON FOCO DE CONTAXIO, nos que se debe proceder inmediatamente á desinfección cos materiais e produtos aprobados polos servizos de prevención de acordo co Ministerio de Sanidade.

Asemesmo denunciamos A DISCRIMINACIÓN das medidas aprobadas que supoñen para os funcionarios da Xustiza, discriminación respecto a outras instancias ás que se se lles permite traballar non seu domicilio, tal e como aproba o Consello Xeral do Poder Xudicial para o colectivo de Xuíces e Maxistrados.

A finalidade perseguida co Real Decreto publicado no día de onte , vai en consonancia coa nosa petición de que unicamente se abran de forma presencial os órganos que mencionamos no noso escrito e que se remite de novo a esa Dirección Xeral. En relación ao texto remitido dicir que é ambiguo, e deixa moita inseguridade na súa interpretación. En todo caso, única e exclusivamente terían que asistir de forma presencial os servizos especificados en punto terceiro da resolución remitida.

Manterémosvos puntualmente informados!!!

SPJ-USO: Os teus DEREITOS, o noso TRABALLO!!!

Los comentarios están cerrados.