TRAXECTORIA PROFESIONAL: SPJ-USO FAI UN CHAMAMENTO Á CALMA

Ante a multitude de interpretacións que se están a facer das «famosas» sentencias sobre a nosa traxectoria profesional podemos asegurar que A TRAXECTORIA PROFESIONAL CHEGOU PARA QUEDARSE. Todo gracias a negociación, firma e aval do sindicato maioritario de Galicia ,única do estado en xustiza.

En breve vaise celebrar a COMISIÓN DE SEGUIMENTO do Acordo que é o único foro efectivo para aclarar todas estas cuestións.

Desde SPJ-USO, reiteramos que neste intre non hai motivos para o alarmismo. Ata de agora estánse a cumprir todos os compromisos firmados.

 Polo tanto, queremos transmitir unha mensaxe de tranquilidade e confianza: a traxectoria profesional xa está en marcha e non ten volta atrás.

En Galicia non pasa o do Ministerio , onde aniquilan os dereitos dos traballadores nos últimos 13 anos. En Galicia temos orzamentada a nosa carreira para os vindeiros anos e para todo o persoal.

SPJ-USO: Pioneiro e impulsor da Carreira profesional na Xustiza!!!
FEITOS, non palabras!!!

Los comentarios están cerrados.