
INSTRUCCIÓNS DA DIRECCIÓN XERAL DE XUSTICIA PARA O EXAME NAS OPOSICIÓNS DE XUSTIZA AOS CORPOS DE TRAMITACIÓN E AUXILIO XUDICIAL.
A DXX remite a SPJ-USO información de interés sobre o desenvolvemento dos exames das oposicións do Corpo de Tramitación Procesual e Administrativa e de Auxilio Xudicial (Orde PGC/1549/2025, de 22 de decembro) para o próximo día 3 de octubre de 2026.
Instruccións DESENVOLVEMENTO EXAME
As probas do ámbito territorial de Galicia do 03.10.2026, ao Corpo de Tramitación Procesual e Administrativa e de Auxilio Xudicial, terán lugar en SANTIAGO DE COMPOSTELA, que se corresponde coa sede (provincia) da Coruña, na Facultade de da USC (Avda./ Dr. Ángel Echeverri, s/n, 15782 Santiago de Compostela).
Os membros do Tribunal Delegado estarán nunha sala habilitada xunto a conserxería. As probas desenvolveranse da seguinte forma:
1. Apertura das portas ás 8:45 h. NON ESTÁ PERMITIDO O ACCESO Á FACULDADE DE ACOMPAÑANTES DO PERSOAL OPOSITOR, que deberán permanecer fóra.
2. Hora de chamamento: 9:00 h. Quen o desexe, pode comezar a entrar na aula para o que debe ter preparado o DNI. QUEN ACCEDA Á AULA NON A PODERÁ ABANDONAR SALVO CAUSA XUSTIFICADA. Non se farán chamamentos das persoas opositoras nen se colgarán os listados das aulas nos taboleiros polo que é importante que os opositores e as opositoras saiban de antemán en que aula teñen que presentarse. https://www.mjusticia.gob.es/es/ciudadania/empleo-publico/acceso-libre/Auxilio Judicial-PJC15492025 https://www.mjusticia.gob.es/es/ciudadania/empleo-publico/acceso libre/Tramitación-PA-PJC15492025
3. Entre as 9:30 h e as 10:00 h, lectura das instrucións particulares e apertura das caixas de exame por parte do Tribunal Delegado. Solicitarase para proceder á apertura que dúas persoas opositoras voluntarias comproben que as caixas están precintadas.
4. A partir das 10:00 h comezará o primeiro exercicio.
IMPORTANTE! A hora de comezo é aproximada xa que deben estar todas as sedes preparadas. O exame comeza ao mesmo tempo en todo o territorio do Estado. Prégase que o persoal opositor o teña en conta porque non estará permitido saír da aula unha vez sentado, salvo por causa de forza maior.
Accede á nota informativa da DXX: Instrucións DESENVOLVEMENTO EXAME


















