SPJ-USO SOLICITA QUE EN 2020 SE PERMITA ACUMULAR OS DÍAS DE ASUNTOS PARTICULARES COS DÍAS SOLTOS DE VACACIÓNS.

balanza SPJ-USO

A Dirección Xeral de Xustiza ven de comunicarnos que en 2020 non se poderán acumular os días de asuntos particulares cos 7 días de vacacións de desfrute independente.

Pois ben, en 2019, baseándose na modificación da LOPX e na recuperación dos 3 días de asuntos particulares de 2017 e 3 de 2018, a DXX decidiu, coa oposición de SPJ-USO, que non se poderían acumular os ditos días.

En 2020, xa sen a excepcionalidade de ter 6 dias mais, entendemos que non procede recortar “gratuitamente” o dereito á acumulación antes mencionada.

Debemos de ter en conta, ademais, que noutras comunidades autónomas (por exemplo, entre outras, a veciña Asturias) a dita acumulación sempre se permitiu, incluído en 2019.

Lembramos que a actual redacción do artígo 503 da LOPX en ningún caso prohíbe a dita acumulación, tal e como se excusa esa Dirección Xeral de Xustiza, e a Resolución de 8 de abril de 2009 da Dirección Xeral de Xustiza pola que se regula o réxime e procedemento de concesión de vacacións, permisos e licenzas na Administración de Xustiza galega establece no seu artigo 3, referente ós asuntos particulares que “los interesados podrán distribuir los días según su conveniencia, sin que puedan acumularlos a los períodos de vacaciones anuales”, deixando totalmente aberta a posibilidade de acumulación cos días soltos de vacacións.

SPJ-USO leva anos solicitando a actualización da normativa de permisos de 2009, solicitude que a día de hoxe caeu en “saco roto”,  mais o que non podemos consentir é que a DXX verbalmente recorte sen mais os dereitos acordados na dita normativa sen a previa negociación coas organización sindicais.

Repetimos que en outras Comunidades Autónomas transferidas sí se permite a dita acumulación.

Polo anteriormente exposto, é polo que SOLICITAMOS:

Que pola DXX, á maior brevidade,  se dicten as instruccións correspondentes ás Delegacións Territoriais no sentido de permitir a acumulación dos días de asuntos particulares cos 7 días soltos de vacacións de desfrute independiente.

Igualmente aproveitamos a ocasión para reiterar a nosa solicitude de que se proceda á negociación e actualización da orde de permisos, licenzas e vacacións para a Adminstración de Xustiza galega.

Manterémosvos puntuálmente informados!!!

SPJ-USO: FEITOS, non palabras!!!

Accede ó escrito presentado por SPJ-USO pinchando:

Escrito acumulación asuntos-vacacións

Los comentarios están cerrados.