REORDENACIÓN DE EFECTIVOS: SEGUINTE FASE DO PROCESO DE REORGANIZACIÓN!!!

IMPORTANTEIMPORTANTE: REORDENACIÓN DE EFECTIVOS: Unha vez a maior parte das localidades recibiron os acordos de confirmación procedentes…. ¿Cál é a seguinte fase do proceso de reorganización?

A REORDENACIÓN DE EFECTIVOS‼️
▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃

ℹ️➡️ Mediante a reordenación de efectivos cubriranse os postos que non se cubriron nas fases anteriores.
👉 Polo tanto, ofertaranse os postos vacantes ao persoal que non obtivera praza en LD, Concurso Especifico (xefaturas) ou que non fora obxecto de confirmación da mesma localidade.

📣📣 Na vindeira semana prevese que se oferten todas as vacantes da localidade a tódolos funcionarios que non obtiveron posto na fase anterior. 

🔴 Estas prazas adxudicaranse tendo enconta a maior antigüidade no centro de destino e en caso de empate a antigüidade no corpo. No caso de que teñan a mesma antigüidade no corpo, acudirase ao escalafón.

E qué é o CENTRO DE DESTINO❓ A diferencia da fase anterior, onde se tiña en conta para a confirmación a antigüidade no posto, na reordenación tense conta a antiguidade no centro de destino, que en resumo, é a suma da antiguidade que cada un teña no conxunto dos xulgados de igual clase da mesma localidade e corpo (Son centro de destino independente: A Audiencia Provincial, os xulgados do penal, os de Instancia, os de Instrucción, os do Contencioso, os do Social, os de menores, o de Vixiancia e os decanatos), e cadaquén participa nese “miniconcurso” coa antiguidade no seu propio centro de destino, sen ter preferencia algunha por pertencer anteriormente á mesma xurisdicción, por exemplo.

🔴 As resolucións polas que se convocan os procesos de Reordenación publicaranse na intranet de Xustiza e na páxina web da consellería.

▪️ SPJ-USO: Manterémosvos puntualmente informados, e para calquer consulta non dubides en contactar co teu delegado sindical de SPJ-USO.

Comparte en redes o resume con la IA

Comentarios cerrados.