No día de hoxe publícanse no DOG as datas de realización das probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 2, 3 e 4, no ano 2021, que foron convocadas mediante a Resolución do 26 de agosto de 2021 (código de procedemento PL500C).
Os centros e horarios de realización das probas, así como as listaxes definitivas de persoas admitidas para cada nivel e localidade, poderán consultarse na web da Secretaría Xeral de Política Lingüística:
(https://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/convocatorias).
Así mesmo, na web tamén se publicará a porta de acceso ao centro e mais a aula que lle corresponde a cada persoa para a realización da proba escrita
Se fixan as seguintes datas:
-Celga 4, en Santiago de Compostela e en Ponferrada:
-20 de novembro de 2021, para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido empece por algunha das seguintes letras: Y, Z, A, B, C, D, E, F, G, H, I, J, K e L.
-21 de novembro de 2021, para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido empece por algunha das seguintes letras: M, N, Ñ, O, P, Q, R, S, T, U, V, W e X.
-Celga 3, en Santiago de Compostela e en Ponferrada:
27 de novembro de 2021, para todas as persoas admitidas.
– Celga 2, en Santiago de Compostela e en Ponferrada:
28 de novembro de 2021, para todas as persoas admitidas.


















