
ℹ️➡️ RESOLUCIÓN do 29 de agosto de 2025, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se aproban as relacións de postos de traballo da Secretaría de Goberno e das oficinas de xustiza, fase III.
📣 As relacións de postos de traballo conterán a dotación de todos os postos de traballo das distintas unidades ou oficinas e indicarán a súa denominación, localización, os requisitos exixidos para o seu desempeño, o complemento xeral de posto e o complemento específico.
🔴 Os tribunais de instancia da terceira fase serán o resultado da transformación das actuais unidades xudiciais dos partidos xudiciais 👉 da Coruña, Santiago de Compostela, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo, e a súa constitución terá lugar o día 🗓️ 31 de decembro de 2025 (disposición transitoria primeira da Lei orgánica 1/2025, do 2 de xaneiro, de medidas en materia de eficiencia do servizo público de xustiza). Igualmente, constituirase na mesma data a Secretaría de Goberno como centro de destino propio, segundo o artigo 521 da Lei orgánica do poder xudicial.
⚫ A implantación da oficina xudicial será simultánea á dos tribunais de instancia.
📣📣📣 Aprobación da relación de postos de traballo: Apróbanse as relacións de postos de traballo da Secretaría de Goberno e das oficinas de xustiza da terceira fase que figuran no anexo da resolución.
🔜🔜 Entrada en funcionamento: As oficinas de xustiza e Secretaría de Goberno relacionadas no anexo entrarán en funcionamento o 🗓️ 31 de decembro de 2025.
ACCEDE A RESOLUCIÓN COMPLETA DO DOG
DESCARGA A RESOLUCIÓN EN PDF NO SEGUIENTE ENLACE:


















