PUBLICADA NO DOG, A OFERTA DUN POSTO DE SECRETARIO/A FISCAL XEFE PROVINCIAL DE A CORUÑA POLO SISTEMA DE LIBRE DESIGNACIÓN

PUBLICADA NO DOG, A OFERTA DUN POSTO DE SECRETARIO/A FISCAL XEFE PROVINCIAL DE A CORUÑA POLO SISTEMA DE LIBRE DESIGNACIÓN

No DOG do 29 de setembro do 2023, a 2023 a ORDE do 18 de setembro de 2023 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Unidade de Apoio á Fiscalía Superior (A Coruña):

As solicitudes, segundo o modelo que se inclúe no anexo II, dirixiranse á Secretaría Xeral Técnica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, e presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado correspondente ao procedemento administrativo PR004, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, no prazo de quince (15) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

No Anexo I, da Orde, recóllese o seguinte:

Denominación do posto: Secretario/a Fiscal Xefe Provincial.

Código do posto: PR.C99.10.006.15001.003.

Corpo ou escala: xeral/tramitación procesual e administrativa.

Grupo/subgrupo: C1/C2.

Nivel: 20.

Tipo de adscrición: A13 (adscrición indistinta a funcionarios da Xunta de Galicia, Estado,

CC.AA. e Administración de xustiza).

Formación específica: 640 (para persoal doutra Administración, curso de perfeccionamento

de galego (R.I.).

Centro directivo ou dependencia: Unidade de Apoio á Fiscalía Superior (A Coruña).

Localidade: A Coruña.

Accede ao DOG:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230929/AnuncioG0690-210923-0001_gl.html

Comparte en redes o resume con la IA

Comentarios cerrados.