
NOVAS PRAZAS OFERTADAS EN SUBSTITUCIÓNS ENTRE TITULARES – 25/02/2022

Publicados novos avisos de desocupación de postos na intranet de Xustiza .

PRAZO DE SOLICITUDES: 28 de febreiro, 1 e 2 de marzo.

Modelo de solicitude: Anexo II bis

As prazas ofértanse conxúntamente para a súa cobertura en substitución vertical ou horizontal. De acordo coa normativa reguladora, poderá solicitar as substitucións o persoal funcionario de carreira dos corpos xerais que estean es situación de servizo activo e prestando efectivamente servizo. Terá preferencia a tramitación das substitucións verticais, e dentro de cada un dos apartados operan os criterios de preferencia determinados na norma.

Postos de traballo ofertados: Os relacionados no Anexo I da resolución, coa indicación da causa que motiva a ausencia do seu titular.
Adxuntamos o arquivo pdf coas SUBSTITUCIÓNS OFERTADAS 

RESOLUCIÓN: PRAZAS OFERTADAS POLO SISTEMA DE SUBSTITUCIÓN 25-02-2022



















