SUBSTITUCIÓNS ENTRE TITULARES 8/7/26!!!
Publicados novos avisos de desocupación de postos na intranet de Xustiza (https://intranet.xustiza.gal) e mais na web da Consellería https://cpxt.xunta.gal/xustiza/persoal/concursos-e-provision
https://acrobat.adobe.com/id/urn:aaid:sc:EU:09c336b0-675f-4092-bc14-17bfc49e503d
PRAZO DE SOLICITUDES: O prazo de presentación de solicitudes será de tres
días hábiles desde o día seguinte ao da publicación (9,10 e 13 de xullo).
Modelo de solicitude: Todas as persoas solicitantes deberán completar obrigatoriamente a súa solicitude a través do formulario electrónico dispoñible na Oficina Virtual do Persoal da Administración de xustiza (OPAX), no sitio web https://opax.xunta.es
Será REQUISITO estar en SERVIZO ACTIVO, e con destino en Galicia, e LEVAR UN ANO DENDE A TOMA DE POSESIÓN NO POSTO ACTUAL, ben sexa obtido en Concurso de Traslados ou ben en Comisión ou Substitución
Accede á normativa 2025 que regula as substitucións:
https://spjusogalicia.com/dog-publicadas-a-nova-normativa-de-substitucions-e-a-modificacion-das-rpts-das-fiscalias/
Postos de traballo ofertados: Os relacionados no Anexo I da resolución, coa indicación da causa que motiva a ausencia do seu titular.
PREFERENCIA nas SUBSTITUCIÓNS:
En PRAZAS XENÉRICAS:
- Corpo inferior e mesma unidade.
- Mesmo corpo, distinta unidade e mesmo centro de destino.
- Corpo inferior, distinta unidade e mesmo centro de destino.
- Mesmo corpo e distinto centro destino.
- Corpo inferior e distinto centro destino.
PRAZAS SINGULARIZADAS OU CON RPT DIFERENCIADA (gardas, VSM)
- Mesmo corpo e mesma unidade.
- Corpo inferior e mesma unidade.
- Mesmo corpo, distinta unidade e mesmo centro de destino.
- Corpo inferior, distinta unidade e mesmo centro de destino.
- Mesmo corpo, distinto centro de destino.
- Corpo inferior, distinto centro de destino.
En tódolos casos, de haber varios, a preferencia determínaa o maior tempo de servizos prestados no centro de destino e en caso de empate, antigüidade no corpo.
NAS OFICINAS DE XUSTIZA NO MUNICIPIO:
- Terán preferencia os Xestores do mesmo centro de destino, logo os Tramitadores do mesmo se os hai.
Adxuntamos arquivo coas SUBSTITUCIÓNS OFERTADAS.




















