NOTA DIRIXIDA AO PERSOAL VOLUNTARIO PARTICIPANTE NO PLAN DE RECUPERACIÓN

PLANS DE RECUPERACION INTRANET

Planificación temporal para o período comprendido entre o 15 outubro e o 15 de novembro de 2018

Data de inicio da fase: 15/10/2018

Nº máximo de horas por funcionario: 20 horas. Non se computarán polo tanto as fraccións que superen este máximo.

Estas 20 horas poderán realizarse durante os días comprendidos entre o 15/10/2018 e o 15/11/2018 (ambos incluídos).
Nº máximo de horas por día: 3 horas. Non se computarán polo tanto as fraccións que superen este período.
Nº mínimo de horas por día: 1 hora. Non se computarán as fraccións inferiores a este período.
Hora de Fin da xornada extra: A xornada extra non poderá realizarse máis alá das 20:00 horas.
Solicitude de participación: O persoal voluntario, salvo que xa o solicitara previamente pola OPAX, terá que solicitar a súa participación cubrindo a solicitude existente no dito sitio web (opax.xunta.es)

INSTRUCIÓNS
1. Fichaxe
O persoal funcionario só poderá realizar as horas extra ao finalizar a súa xornada laboral ordinaria.
Deberá ficharse a xornada ordinaria de traballo: a entrada e a saída.
Ademais, e sempre que xa estea fichada a xornada ordinaria (entrada e saída), deberá ficharase a xornada extra (entrada e saída).
Non se poderá facer, nin se computará, ningúnha fichaxe realizada con posterioridade á saída da xornada extra.
Inicio da xornada extra: O cómputo da xornada extra iniciarase a partir das 14:31 horas.
2. Parte de actividade
Ademais de fichar a xornada extra, o persoal deberá cubrir e presentar a través da OPAX un parte de actividade único por fase no que, necesariamente, terá que rexistrar diariamente:
 a hora de inicio e fin da xornada extra realizadas, aínda que fichara.
 as actividades realizadas durante as horas extra, cubrindo o tipo de actividade, o número de veces que se realizou, e indicando, no campo de observacións, o nº/identificador do procedemento.
Peche e presentación do parte único.
1. O parte deberá pecharse e, despois, presentarse telematicamente a través da OPAX.
2. O parte debe pecharse cando todas as xornadas extra (20 horas máximo) estean rexistradas.
3. O peche e a presentación electrónica poderán realizarse dende o 31 de outubro e ata o 21 de novembro (ambos inclusive).
4. De non facelo no período sinalado e, por causas xustificadas, poderá autorizarse a gravación e presentación do parte nunha data posterior.
Acceso ao parte de actividade.
 No sistema OPAX (opax.xunta.es) seleccionar o menú “Plan de recuperación”
 Indicar o mes e ano de inicio da fase (outubro 2018) e pulsar o botón “Buscar”.
 Pulsar o botón “engadir día” para introducir os datos da xornada extra.

IMPORTANTE: O parte deberá conter a totalidade das xornadas e horas extras realizadas na fase polo que non deberá validar nin enviar o mesmo se non está completo. No caso de fases que se inicien nun mes e finalicen no seguinte o parte único ten que incluír as xornadas extra de ambos meses. Non se admitirán, salvo fallo do sistema informático, os partes non telemáticos.
ÓRGANOS QUE ENTRAN NA SEGUNDA FASE DO PLAN DE RECUPERACIÓN (INICIO 15/10/2018)

Todos os Xulgados de 1ª Instancia
· Coruña:13 · Santiago: 6 · Ferrol: 6 · Lugo: 5 · Ourense: 7 · Pontevedra: 5 · Vigo: 15
Todos os Xulgados do Social
· Coruña: 6 · Ferrol: 2 · Santiago: 3 · Lugo: 3 · Ourense: 4 · Pontevedra: 4 · Vigo: 5
Todos os Xulgados Mercantís
· Coruña: 2
· Pontevedra: 2
· Vigo: 1
Xulgados exclusivos de violencia sobre a muller
· Coruña
· Vigo
Oficina de Rexistro e Reparto do TSXG (A Coruña)
Servizo Común de Notificacións e Embargos de A Coruña

Los comentarios están cerrados.