ABERTO O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DA TRAXECTORIA PROFESIONAL.
30 DÍAS HÁBILES PARA TÓDOLOS CORPOS (FORENSES, XESTIÓN, TRAMITACIÓN E AUXILIO) E GRAOS (1, 2 E 3) 🗓️ ATA O 🗓️ 15/4/26
Accede á RESOLUCIÓN APROBA O ACORDO SOBRE A TRAXECTORIA PROFESIONAL
Accede á CIRCULAR/RESUMO CARREIRA PROFESIONAL 2026 – APERTURA PRAZO
RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 2025, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se dá publicidade ao Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 29 de decembro de 2025, polo que se aproba o acordo acadado o 2 de decembro de 2025 entre a Xunta de Galicia e as organizacións sindicais SPJ-USO, STAJ, UGT e CC.OO. para a implantación do réxime extraordinario de acceso aos graos I, II e III do sistema transitorio extraordinario de recoñecemento da progresión na traxectoria profesional para o persoal ao servizo da Administración de xustiza en Galicia. (PUBLICADO NO DOG DE 12-1-2026)
|
Os graos extraordinarios 🔴 I e II en calquera dos corpos e o grao 🔴 III nos corpos de auxilio xudicial e no corpo de tramitación procesual e administrativa, adquiriranse no corpo no que se teña a condición de persoal funcionario (de carreira ou interino) o 🗓️ día 31 de decembro de 2024. De igual xeito, o grao extraordinario 🔴 III nos corpos de xestión procesual e administrativa e de medicina forense, adquirirase no corpo en que se teña a condición de persoal funcionario o día 🗓️ 31 de decembro de 2025. |
|
O cobro do grado será en 3 anualidades: ☑️ 35 % primeiro ano, ☑️ 70% o 2º ano, ☑️ 100 % o 3º ano, con efectos económicos retroativos no seu caso. |
|
Lembramos o valor 🪙 de cada grao: ☑️ Forenses 241,63 €/grao ☑️ Xestión 169,10 €/grao ☑️ Tramitación 109,06 €/grao ☑️ Auxilio 92,57 €/grao |
|
REQUISITOS DE ACCESO: ☑️ Estar en servizo activo ou con reserva de praza no prazo de solicitudes. ☑️ Ter a condición de funcionario no momento de finalización do cumprimento dos requisitos. ☑️ E unha antiguidade de 5, 11 ou 17 anos para os graos 1, 2 ou 3 respectivamente. (IMPORTANTE: Compútase o tempo traballado en calquera corpo ou administración, debendo posuirse a dita antiguidade na data de finalización de cumprimento de requisitos, ou sexa, 31-12-2024 ou 31-12-2025, segundo o caso.) 🔴 Queda excluído o persoal que accedese ao grao anterior na convocatoria de 2024. ☑️ E cumprir un dos criterios xerais de avaliación (ART. 4 DO ACORDO): 👉 que no caso da formación recibida son 40 horas por cada grao; é decir grado 1 – 40 horas, grado 2 – 80 horas e grado 3 – 120 horas. 👉 Outros criterios xerais de avaliación computables son: 👉 Formación impartida, cursos de doutor/master, publicación de traballos científicos ou de investigación relacionados coa xustiza, funcións de dirección, subdirección, xefatura de servizo, xefatura de sección ou outros postos singularizados, excedencias por coidado de fillos ou funcións de interese xeral ou público ou de carácter representativo establecidas, membro dalgún tribunal cualificador de procesos selectivos (nos termos do art. 4 do acordo). Nota: Os méritos que se pretendan acreditar deberán ter validez igual ou anterior ao 31 de decembro de 2024 ou 31 de decembro de 2025, segundo o caso. |
|
Acreditación de méritos: Os datos que, de ser o caso, consten no sistema informático de xestión de persoal da Administración de xustiza en Galicia aparecerán precargados no formulario electrónico de solicitude da OPAX. De non aparecer precargado ningún criterio xeral de avaliación dos establecidos no artigo 4, a persoa solicitante poderá acreditalos achegando a documentación xustificativa no momento de presentar a solicitude. |
|
Procedemento de solicitudes: OPAX O persoal solicitante deberá cubrir a súa solicitude a través do formulario electrónico dispoñible na OPAX (Oficina Virtual do Persoal da Administración de Xustiza), no enderezo web http://opax.xunta.es |
SPJ-USO: PIONEIRO, IMPULSOR E FIRMANTE DA CARREIRA PROFESIONAL DA XUSTIZA GALEGA – FEITOS, non palabras!!!




















