
IMPORTANTE: NON SE PUBLICOU NO BOE, polo que debe terse en conta que o prazo de presentación de solicitudes non se abrirá ata a publicación no boe e a publicación no DOG ten meros efectos «informativos».
RESOLUCIÓN do 18 de febreiro de 2026, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se fai pública a relación de prazas que se ofrecen ás persoas aprobadas correspondentes ao ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia nas probas selectivas para ingreso no corpo de auxilio xudicial da Administración de xustiza, pola quenda libre, convocadas pola Orde JUS/1288/2022, do 22 de decembro.
Primeiro. Facer pública, por orde alfabética de localidades, a relación de prazas desertas no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia (anexo I), que se ofrecen ás persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para ingreso polo sistema xeral de acceso libre no corpo de auxilio xudicial convocado pola Orde JUS/1288/2022, do 22 de decembro.
Segundo. As solicitudes de destino deste ámbito, dirixidas á Dirección Xeral de Xustiza da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, presentaranse na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, no prazo de dez días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación da relación definitiva de persoas aprobadas no Boletín Oficial del Estado, segundo o establecido na base 8.1.a) da convocatoria do proceso selectivo, mencionada anteriormente. As solicitudes formalizaranse consonte o modelo que aparece como anexo II desta resolución de acordo coas seguintes instrucións:
a) No modelo de instancia poderán relacionarse ata o máximo de postos ofertados, indicando a unidade, a denominación, o código do posto, a localidade e a provincia.
b) Procederase á adxudicación de destinos segundo a orde obtida pola persoa aspirante en todo o proceso selectivo e pola prioridade establecida.
c) De non formular solicitude de prazas ou non corresponderlle ningunha das relacionadas na súa instancia, por non solicitar un número suficiente de prazas, procederase a destinalo/a, con carácter forzoso, a calquera das prazas non adxudicadas seguindo a orde alfabética de localidades publicada no Boletín Oficial del Estado.
Terceiro. Ningunha persoa aspirante poderá anular nin modificar a súa solicitude unha vez rematado o prazo de presentación indicado no punto segundo desta resolución.
amplia información no dog:


















