FIN DO PROCESO ELECTORAL NA XUSTIZA GALEGA,CON SEGUINTES RESULTADOS, GRACIAS A TOD@S

RESULTADOS 20191.png

RESULTADOS 2019  Estes resultados son un sinal de confianza para nós, e demóstrannos que mereceu a pena traballar ao voso lado tras un ano moi duro e repleto de obstáculos.

Queremos agradecer profundamente a vosa confianza a tod@ s os afiliad@s e simpatizantes que nos apoiastes neste camiño; co voso apoio deixástesnos moi claro que merece a pena continuar traballando con seriedade e profesionalidade, como o fixemos ata agora.

Tede a seguridade de que imos seguir ao voso lado para todo aquilo que necesitedes.

Tamén queremos decirvos a aqueles que non nos votastes, que continuaremos traballando para que dentro doutros catro anos non dubidedes en apoiar a candidatura deste sindicato.

Por último, e seguindo a nosa liña de actuación, estendemos a man ao resto das Organizacións Sindicais para que deixen ao carón a crítica destrutiva, que claramente se demostrou que non serve para nada máis que para sementar o odio e a división, por isto convidámolos a que se unan a avanzar e a construír un colectivo unido e forte.

Queremos agradecer especialmente ademais de ós nos@s afiliad@s, a tódolos compañeir@s que participástedes activamente formando parte das nosas candidaturas

Los comentarios están cerrados.