EGAP: PUBLICACION NO DOG DE CONVOCATORIA XORNADA LEY DE CONTRATOS DO SECTOR PÚBLICO

RESOLUCIÓN do 21 de maio de 2025 pola que se convoca a Xornada sobre o procedemento do artigo 150 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público (LCSP).

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250530/AnuncioO150-220525-0001_gl.html

Persoas destinatarias

Esta actividade está dirixida ao persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración autonómica galega, das súas entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; da Administración local; da Administración de xustiza; das universidades do Sistema universitario de Galicia; así como profesionais e persoas interesadas en xeral.

Desenvolvemento

Data: venres 13 de xuño de 2025.

Modalidade: presencial.

Horario: de mañá.

Horas lectivas: 5.

Lugar: Escola Galega de Administración Pública (EGAP); rúa Madrid, 2-4, Santiago de Compostela.

 Inscrición.

As solicitudes de participación nesta actividade formativa só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula>. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

Amplía información aquí:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250530/AnuncioO150-220525-0001_gl.html

Comparte en redes o resume con la IA

Comentarios cerrados.