Cursos de linguaxe administrativa e xurídica galega para persoal ao servizo das distintas administracións da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2026.
ACCEDE Á RESOLUCIÓN PUBLICADA NO DOG
1. O prazo de presentación de solicitudes será desde o día da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e ata o 18 de febreiro de 2026.
2. O persoal que desexe participar nas actividades formativas convocadas nesta resolución deberá cubrir o formulario de matrícula telemática na páxina web da EGAP https://egap.xunta.gal/matricula, non sendo admisibles outras formas de solicitude.
3. Cada persoa só poderá solicitar un dos cursos convocados.



















