EGAP: CONVOCATORIA ACTIVIDADES DE FORMACIÓN CONTINUA EN MATERIA DE IDIOMAS

egapPublicada no DOG de hoxe a convocatoria de actividades de formación continua en materia de idiomas para o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais, da Administración institucional de Galicia, da Administración de xustiza, das entidades locais e para o persoal técnico, de xestión e de administración e servizos (PTXAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG).

ACCEDE Á RESOLUCIÓN PUBLICADA NO DOG

Solicitudes e prazos:

1. O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e ata o 18 de febreiro de 2026.

2. As solicitudes de participación nas actividades formativas só se poderán realizar mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo https://egap.xunta.gal/matricula desde as 9.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 14.00 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

3. O número máximo de actividades formativas que se poden solicitar nesta convocatoria limítase a tres.

Comparte en redes o resume con la IA

Comentarios cerrados.