EGAP – CONVOCADOS CURSOS DE LINGUAXE XURÍDICA GALEGA 2022

CONVOCADOS CURSOS DE LINGUAXE XURÍDICA E ADMINISTRATIVA GALEGA PARA PERSOAL DESTINADO EN GALICIA E FÓRA DE GALICIA 2022.

 

CURSOS DE LINGUAXE XURÍDICA E ADMINISTRATIVA GALEGA PARA PERSOAL DESTINADO EN GALICIA 2022:

O número de prazas por curso será de 25.

Os cursos impartiranse segundo se indica a continuación:

Solicitudes:  O persoal que desexe participar nos cursos convocados nesta resolución deberá cubrir o formulario de matrícula telemática na páxina web da EGAP <https://egap.xunta.gal/matricula&gt;

O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e ata o 17 de febreiro de 2022.

Amplía información e accede ó DOGA:

Linguaxe administrativa e Xurídica galega para persoal ó servizo da Comunidade de Galicia 2022

 

CURSOS DE LINGUAXE XURÍDICA GALEGA PARA PERSOAL DESTINADO FÓRA DE GALICIA 2022:

O número de prazas de cada curso será de 25.

Destinatarios: Os cursos van dirixidos a maxistrados/as, xuíces, fiscais, secretarios/as xudiciais, médicos/as forenses, funcionarios/as dos corpos de xestión procesual e administrativa, de tramitación procesual e administrativa e de auxilio xudicial que, na data desta resolución, se atopen en situación de servizo activo (incluído permiso por parto ou maternidade, adopción ou acollemento ou excedencia polo coidado dun/dunha fillo/a ou dun/dunha familiar) fóra da Comunidade Autónoma de Galicia.

Solicitudes:  O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e ata o 17 de febreiro de 2022, a través da páxina da egap <https://egap.xunta.gal/matricula&gt;

Amplía información e accede ó DOGA:

Linguaxe Xurídica Galega para persoal de Xustiza que preste servizo fóra de Galicia 2022

Los comentarios están cerrados.