DATOS E INFORMACIÓN IMPORTANTE RELATIVA Á NOVA BOLSA DE INTERINOS DE XUSTIZA DE GALICIA
Datos provisionais:
🔴 Número de solicitantes: 3.801 para un total de 8.443 solicitudes.
– Preséntanse só a un corpo: 2.337 (421 só a xestión, 610 só a tramitación e 1.306 só a auxilio).
– Preséntanse a dous corpos: 260 xestión e tramitación, 24 xestión e auxilio e 446 tramitación e auxilio.
– Preséntanse aos tres corpos: 734
🔴 Por corpos:
– Xestión: 2.146
– Tramitación: 2.867
– Auxilio: 3.430
🔴 Por provincias de corpos:
☑️ A Coruña:
Xestión: 812
Tramitación: 1.062
Auxilio: 1.312
☑️ Lugo:
Xestión: 364
Tramitación: 473
Auxilio: 537
☑️ Ourense:
Xestión: 315
Tramitación: 411
Auxilio: 476
☑️ Pontevedra:
Xestión: 655
Tramitación: 921
Auxilio: 1.105
Non é posible dar datos concretos sobre persoas excluídas, podemos avanzar partindo de que son datos provisionais, que do total de solicitudes (8.443) algo máis de 7.000 estarían admitidas.
En relación á data para a publicación das listaxes, contan con poder publicar o antes posible, nos próximos días.
Unha vez se publiquen as listas provisionais na páxina web e na intranet darase un prazo de 10 días hábiles para facer as reclamacións que correspondan.
Tras este prazo publicarase a listaxe resultante para cada corpo e provincia ordenadas por puntuación. Cada aspirante só poderá formar parte dunha única bolsa, corpo e provincia, polo que no prazo de 10 días hábiles tras a publicación deberá seleccionar aquela a través do formulario que estará dispoñible na OPAX, na que desexe quedar. Se non o fai entenderase por desistido/a.
As listas definitivamente aprobadas entrarán en vigor ao día seguinte da súa publicación substituíndo ás listas existentes. O obxectivo é ter as bolsas activas no mes de setembro.
▪️ SPJ-USO: Manterémosvos puntualmente informados.


















