
No día de hoxe, vense de publicar no DOG a RESOLUCIÓN do 7 de novembro de 2025, da Secretaría Xeral da Lingua, pola que se fixa a data de realización da proba en liña para a obtención do Certificado de lingua galega 4 (Celga 4) no ano 2025, que foi convocada mediante a Resolución do 8 de outubro de 2025 (código de procedemento PL500G).
Na citada resolución resólvese expresamente:
Fixar como data de realización da proba en liña para a obtención do Certificado de lingua galega 4 (Celga 4), convocada mediante a Resolución do 8 de outubro de 2025, o 5 de decembro de 2025.
A hora de comezo da proba será ás 9.00 horas. Para realizar a parte escrita, disporase dun máximo de tres horas e, para a parte oral, duns trinta minutos.
Conforme o punto 11.1 da convocatoria, con antelación suficiente á data da proba, a Secretaría Xeral da Lingua comunicaralles ás persoas seleccionadas as instrucións que deberán seguir para a súa realización.
Accede ó texto íntegro da resolución no seguinte enlace:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20251113/AnuncioG0766-101125-0001_gl.html


















