CONVOCATORIA MESA SECTORIAL 18 NOVEMBRO

A DXX acaba de remitir mail no que » Seguindo instrucións do Director xeral convócaselle, o próximo día 18 de novembro, ás 10:30h á unha reunión da Mesa Sectorial de Xustiza

Orde do día:

 1. Proposta de convocatoria extraordinaria da traxectoria profesional. Decisorio.

2. Proposta de ampliación do período de vacacións e permisos. Decisorio.

3. Proposta de adaptación da normativa á nova estrutura xudicial. Informativo.

4. Rogos e Preguntas.

👉👉 Documentación que se xunta:

– Acta asinada da sesión anterior.

Proposta de Acordo entre a Xunta de Galicia e as organizacións sindicais XXXXXXXXXXXX para a implantación do Réxime extraordinario de acceso aos graos I, II e III do sistema transitorio extraordinario de recoñecemento da progresión na traxectoria profesional para o persoal ao servizo da Administración de xustiza.
Proposta de Resolución da Dirección Xeral de Xustiza sobre o goce das vacacións e permisos por asuntos particulares correspondentes ao ano 2025 do persoal funcionario ao servizo da Administración de Xustiza en Galicia
Proposta de Resolución pola que se regula un complemento retributivo por obxectivos do persoal funcionario destinado nas unidades xudiciais con competencias en materia de violencia sobre a muller
Proposta de Resolución pola que se regula o horario especial e as condicións de traballo nas oficinas xerais do Rexistro Civil da Coruña, Vigo, Santiago de Compostela, Ferrol, Lugo, Ourense e Pontevedra
Proposta de Resolución pola que se establecen criterios para a cobertura de postos de traballo mediante comisión de servizos no ámbito da Administración de xustiza na Comunidade Autónoma de Galicia
Proposta de Resolución pola que se regulan as substitucións entre persoal funcionario no ámbito da Administración de Xustiza na Comunidade Autónoma de Galicia

 

▪️ SPJ-USO: Manterémosvos puntualmente informados.

Comparte en redes o resume con la IA

Comentarios cerrados.