CHAMAMENTOS DE INTERINOS – GALICIA – 5/5/2021

PONTEVEDRA: 

ℹ️➡️ Este mércores 5 de maio a Dirección Xeral autorizou a cobertura, por medio de chamamento telefónico /SEPE as seguintes prazas dos corpos de tramitación e auxilio, por non existir a ratio de dúas persoas por praza:

⭕ TRAMITACIÓN PROCESUAL E ADMINISTRATIVA (Chamamento telefónico- zona única ()

☑️ Xulgado do Penal nº 1 de Pontevedra- S.V.

☑️ Xulgado de primeira instancia nº 3 de Ponteareas -IT

⭕ AUXILIO XUDICIAL ( selección a través do SPEG)()

☑️ Rexistro Civil Vigo – S.V.

☑️ Decanato de Vigo- S.V.

☑️ Decanato de Pontevedra (Reforzo)

👉 () *TRAMITACION:

A cobertura das prazas de tramitación farase a través do chamamento telefónico e segundo o establecido na disposición adicional segunda, punto 3 da ORDE do  4 de outubro de 2018  sobre selección e nomeamento de interinos para cubrir postos de funcionarios dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza en Galicia: “ de se esgotaren dentro dunha bolsa os integrantes dunha zona concreta de preferencia, os pertencentes dentro da mesma provincia á outra zona de preferencia estarán obrigados, …a aceptaren o chamamento para a outra zona de preferencia”.
Como consecuencia das persoas disponibles na bolsa de tramitación deberán comunicar antes das 14:00 h do xoves día 6 de maio  a través do correo electrónico (servizoxustiza.vi@xunta.es) ou por fax  (986 817001) a aceptación das prazas ofertadas e a orde de preferencia.
Tal e como se recolle no punto 3 do artigo 20 da citada orde o luns día 10 de maio de 2021  comunicaremos a relación de prazas aceptadas e as persoas seleccionadas.

👉 () *AUXILIO XUDICIAL
Ao non existir ningunha persoa dispoñible na bolsa de traballo nin na bolsa de reserva deste corpo nin do corpo inmediatamente superior (por estar preseleccionadas para as prazas ofertadas do corpo de tramitación procesual e administrativ), segundo o establecido no capítulo 2, artigo 6º,  punto 5  da ORDE do  4 de outubro de 2018  sobre selección e nomeamento de interinos para cubrir postos de funcionarios dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza en Galicia, acudirase para cubrir o posto ao servizo público de emprego da Comunidade Autónoma.

LUGO (chamamentos a través do SPEG)

☑️ XULGADO DO PENAL Nº2 DE LUGO – TRAMITACIÓN

☑️ XULGADO DE INSTANCIA Nº3 DE LUGO – TRAMITACIÓN

☑️ XULGADO MIXTO DA FONSAGRADA – TRAMITACIÓN

☑️ XULGADO DO SOCIAL DE LUGO – AUXILIO XUDICIAL

Comparte en redes o resume con la IA

Comentarios cerrados.