📢🔊 IMPORTANTE 📆 4/4/24: ÚLTIMAS INFORMACIÓNS ACTUALIZADAS DO MINISTERIO DE XUSTIZA – CONCURSO de TRASLADOS, OPOSICIÓNS, LEO, TELETRABALLO, SUBA SALARIAL, CARREIRA PROFESIONAL, ETC…‼️
ℹ️➡️ O Ministerio de Xustiza informa (que non negocia….):
🔴 CONCURSO DE TRASLADOS: Tal como vos informamos dende SPJ-USO, está prevista a resolución definitiva antes de mediados deste mes. Aínda non hai data de publicación no BOE nin data de cesamentos.
🔴 TELETRABALLO: Tal como informou SPJ-USO, non se prevé ter unha normativa sobre teletraballo ata cerca de final de ano, estando prevista a negociación en Conferencia Sectorial do Ministerio coas CCAA no mes de xuño, e quedando pendente a negociación posterior nos diferentes ámbitos coas organizacións sindicais.
🔴 SUBA SALARIAL: O Ministerio de xustiza, co beneplácito expreso duns e tácito dos outros, segue firme na súa intención de que haberá unha suba salarial no COMPLEMENTO ESPECÍFICO ÚNICAMENTE PARA O ÁMBITO MINISTERIO, quedando en mans dos territorios transferidos unha negociación específica en cada territorio.
🔴 ESTABILIZACIÓN-CONCURSO de MÉRITOS: O Ministerio informa que a baremación provisional dos méritos está a punto de concluír, algo que xa dixo fai un mes…
🔴 ADXUDICACIÓN DESTINOS XESTIÓN PROMOCIÓN INTERNA E QUENDA LIBRE: Seguen sen informarnos da data exacta de publicación, simplemente que se publicará antes promoción interna que libre e que será en breve.
🔴 EXAMES DA OEP 2023: Tal como vos adiantamos dende SPJ-USO, informan que os exames de 👉 promoción interna serán antes do mes de agosto, probáblemente a fin de semana do 📆 20/21 de xullo.
Respecto á data dos EXAMES DE 👉 TURNO LIBRE, tal como vos adiantamos, confírmase a data do 📆 28 de setembro, que en breve se fará oficial.
🔴 LEO (Ley Orgánica de medidas en materia de eficiencia del Servicio Público de Justicia y de acciones colectivas para la protección y defensa de los derechos e intereses de los consumidores y usuarios): Segue a tramitación parlamentaria da LEO, mentres agora, o Ministerio di que quere negociar coas organizacións sindicais… en fin….
🔴 CARREIRA PROFESIONAL: O Ministerio de Xustiza segue a negarse a negociar unha Carreira Profesional para todo o territorio nacional, e informa que se algún territorio quere negociar a súa propia carreira profesional, pode facelo, igual que o fixo Galicia no acordo pioneiro firmado por SPJ-USO no seu día.
▪️ SPJ-USO: Manterémosvos puntualmente informados.
SPJ-USO: Pioneiro e impulsor da Carreira profesional na Xustiza!!!
FEITOS, non palabras!!!
Me gusta esto:
Me gusta Cargando...