Archivos de la categoría RETRIBUCIÓNS

ÚLTIMA HORA. RECIBIDA A NÓMINA DE SETEMBRO

📢🔊 ÚLTIMA HORA 📆 27/9/2025  RECIBIDA A NÓMINA 🪙 DE SETEMBRO!!!

ℹ️➡️ Xa está dispoñible no voso ✉ corrreo electrónico, así como a través do CIXTEC a nómina deste mes.

📣 A continuación deixámosvos relación detallada dos conceptos retributivos e as cantidades que deben aparecer reflexadas nas vosas nóminas 👉 (sen actualizar a suba do + 0,5 % dado que non se publicou no Doga a orde de confección de nóminas actualizada). ⤵️

🔴 Accede ós CADROS/RESUMO de RETRIBUCIÓNS XESTIÓN, TRAMITACIÓN E AUXILIO – 2024 ⤵️
🔗 https://spjusogalicia.com/wp-content/uploads/2024/07/RETRIBUCIONS-CXPA-CTPA-e-CAX-XULLO-2024.pdf

🔴 Accede ós CADROS/RESUMO de RETRIBUCIÓNS M. FORENSES 2024 ⤵️
🔗 https://spjusogalicia.com/wp-content/uploads/2024/07/RETRIBUCIONS-FORENSES-XULLO-2024.pdf

🔴 Accede á Orde de confección de nóminas 2024 ⤵️
🔗 https://spjusogalicia.com/wp-content/uploads/2024/07/ORDE-do-11-de-xullo-de-2024-pola-que-se-ditan-as-instrucions-sobre-a-confeccion-de-nominas-1.pdf

 ÚLTIMA HORA  -27/08/2025 – RECIBIDA A NÓMINA  DE AGOSTO

ℹ️➡️ Xa está dispoñible no voso corrreo electrónico, así como a través do CIXTEC a nómina deste mes.

⚫ Incúe a suba do 0.5 %, así coma os atrasos correspondentes o ano 2024.

👉 A continuación deixámosvos relación detallada dos conceptos retributivos e as cantidades que deben aparecer reflexadas nas vosas nóminas actualmente 👉 (sen actualizar a suba do + 0,5 % dado que non se publicou no Doga a orde de confección de nóminas actualizada). ⤵️

🔴Accede ós CADROS/RESUMO de RETRIBUCIÓNS XESTIÓN, TRAMITACIÓN E AUXILIO – 2024 ⤵️
🔗 https://spjusogalicia.com/wp-content/uploads/2024/07/RETRIBUCIONS-CXPA-CTPA-e-CAX-XULLO-2024.pdf

🔴Accede ós CADROS/RESUMO de RETRIBUCIÓNS M. FORENSES 2024 ⤵️
🔗 https://spjusogalicia.com/wp-content/uploads/2024/07/RETRIBUCIONS-FORENSES-XULLO-2024.pdf

🔴 Accede á Orde de confección de nóminas 2024 ⤵️
🔗 https://spjusogalicia.com/wp-content/uploads/2024/07/ORDE-do-11-de-xullo-de-2024-pola-que-se-ditan-as-instrucions-sobre-a-confeccion-de-nominas-1.pdf

📢🔊 IMPORTANTE 🪙🪙: NÓMINA DO MES DE XULLO‼️

ℹ️➡️ No día de onte 29-7 ALGÚNS COMPAÑEIR@S recibimos a nómina mensual do mes de Xullo no correo electrónico, pero NON TODOS.

📣📣 Trala QUEIXA FORMAL presentada por SPJ-USO, e pendentes de recibir unha RESPOSTA FORMAL POR PARTE DO CIXTEC, a administración infórmanos que: ⤵️⤵️

🔴 RECIBIRON A NÓMINA TÓDOL@S TRABALLADOR@S DAS 7 CIDADES.

🔴 NON RECIBIRON A NÓMINA OS TRABALLADORES DOS POBOS (supostamente pola implantación dos tribunais de instancia o pasado 1 de xullo)

⚫ En todo caso, infórmasenos de que TOD@S OS TRABALLADORES RECIBIRÁN O COBRO CORRESPONENTE EN CONTA INDEPENDIENTEMENTE DA DATA DE RECEPCIÓN DA NÓMINA NO MAIL.
👉👉 Infórmasenos de que na web do CIXTEX si están todas as nóminas dispoñibles 🔗 http://www.conselleriadefacenda.es/servizos-e-tramites/ov-empregado-publico/servizos-con-certificado

▪️ Unha vez recibamos resposta formal da administración manterémosvos puntualmente informados.

– ÚLTIMA HORA 13:15: 📢🔊 Tralas xestións realizadas por SPJ-USO, os traballador@s dos Tribunais de Instancia dos pobos acabades de recibir a nómina 🪙🪙 do mes de Xullo nos vosos correos ✉ electrónicos.

SPJ-USO: Sindicato MAIORITARIO na XUSTIZA ⚖️ Galega!!!
FEITOS, non palabras!!!

SUBIDA SALARIAL DO 0.5%: COBRO DOS ATRASOS PARA PERSOAL QUE ESTIVO DESTINADO NO TERRITORIO MINISTERIO E NAS CCAA TRANSFERIDAS DENDE O 1/1/2024, así como persoal que cambiase de destino ou situación administrativa en Galicia

Publicouse no BOE a Resolución do 2 de xullo de 2025, da Secretaría de Estado de Presupuestos y Gastos, pola que se ditan instruccións sobre o pagamento ao persoal do sector público estatal do incremento retributivo adicional do 0,5 por cento.
🔗 https://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-2025-13617

 ESTA NORMA SÓ SE APLICA AOS FUNCIONARIOS QUE ESTIVERAN DESTINADOS EN TERRITORIOS DO ÁMBITO MINISTERIO DENDE O 1 DE XANEIRO DE 2024.

En resumo, TEÑEN QUE SOLICITAR O PAGAMENTO AO CENTRO DE PERSOAL DE ONDE PROCEDAN os funcionarios que, estando na actualidade destinados en Galicia, estiveron desde o 1 de xaneiro de 2024 prestando servizos en ORGANOS DO ÁMBITO MINISTERIO.

🔴 Os procedentes doutras CCAA transferidas cobrarán os atrasos de oficio.

🔴 No caso da CCAA Galega, o persoal que cambiase de destino ou de situación administrativa (xubilados, etc) cobrarán tamén de oficio, segundo informa a Xunta.

No seu caso, a solicitude deberase facer segundo o modelo que figura na propia resolución publicada. Podedes descargala no seguinte enlace: https://www.boe.es/boe/dias/2025/07/03/pdfs/BOE-A-2025-13617.pdf

COBRO DA SUBIDA 🪙 DO 0.5 % NA XUSTIZA GALEGA‼️

Tal como vos temos informado, a subida do 0.5% será con efectos económicos retroativos a 1-1-2024, e segundo información da Xunta de Galicia procederase ó seu pago da seguinte forma:

⚫ Na nómina de XULLO cobrarase a suba do 0,5 % mais os atrasos de Xaneiro de 2025 a xuño de 2025.
⚫ Na nómina de AGOSTO cobraranse os atrasos corresopentes ó ano 2024, e por suposto, a suba ordinaria do 0,5 % na nòmina mensual