SUBIDA SALARIAL DO 0.5%: COBRO DOS ATRASOS PARA PERSOAL QUE ESTIVO DESTINADO NO TERRITORIO MINISTERIO E NAS CCAA TRANSFERIDAS DENDE O 1/1/2024, así como persoal que cambiase de destino ou situación administrativa en Galicia

Publicouse no BOE a Resolución do 2 de xullo de 2025, da Secretaría de Estado de Presupuestos y Gastos, pola que se ditan instruccións sobre o pagamento ao persoal do sector público estatal do incremento retributivo adicional do 0,5 por cento.
🔗 https://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-2025-13617

 ESTA NORMA SÓ SE APLICA AOS FUNCIONARIOS QUE ESTIVERAN DESTINADOS EN TERRITORIOS DO ÁMBITO MINISTERIO DENDE O 1 DE XANEIRO DE 2024.

En resumo, TEÑEN QUE SOLICITAR O PAGAMENTO AO CENTRO DE PERSOAL DE ONDE PROCEDAN os funcionarios que, estando na actualidade destinados en Galicia, estiveron desde o 1 de xaneiro de 2024 prestando servizos en ORGANOS DO ÁMBITO MINISTERIO.

🔴 Os procedentes doutras CCAA transferidas cobrarán os atrasos de oficio.

🔴 No caso da CCAA Galega, o persoal que cambiase de destino ou de situación administrativa (xubilados, etc) cobrarán tamén de oficio, segundo informa a Xunta.

No seu caso, a solicitude deberase facer segundo o modelo que figura na propia resolución publicada. Podedes descargala no seguinte enlace: https://www.boe.es/boe/dias/2025/07/03/pdfs/BOE-A-2025-13617.pdf

Comparte en redes o resume con la IA

Comentarios cerrados.