Archivos de la categoría RETRIBUCIÓNS

Produtividade Violencia de xénero sobre a muller (VXM) para o ano 2026 – COMPLEMENTO DE VIOLENCIA DOS POBOS

A DXX informa que segundo o artigo 2.c da Resolución da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se regula un complemento retributivo por obxectivos do persoal funcionario destinado nas unidades xudiciais con competencias en materia de violencia sobre a muller percibirán un complemento retributivo por obxectivos o persoal funcionario do Servizo común de tramitación do tribunal de instancia dos partidos xudiciais da fase I que asumen a materia de violencia sobre a muller, no caso de que incoasen 75 dilixencias na materia no ano anterior. Unha vez pechada definitivamente a estatística correspondente aos datos do ano 2025, constátase que cumpren o criterio establecido no artigo 2.c da dita resolución os seguintes servizos comúns de tramitación do tribunal de instancia que asumen a materia de violencia sobre a muller:

  • SCT de Betanzos
  • SCT de Carballo
  • SCT de Monforte de Lemos
  • SCT de Viveiro
  • SCT de Barco de Valdeorras
  • SCT de Ponteareas
  • SCT de Vilagarcía de Arousa
  • SCT de Tui
  • SCT de Cangas
  • SCT de Lalín
  • SCT de Cambados
  • SCT de Redondela
  • SCT de Porriño
  • SCT de Marín

Asignarase con efectos económicos dende o 01.01.2026 o complemento de produtividade ao persoal funcionario dos centros de destino anteriores dentro dos límites establecidos na devandita resolución.

A certificación da Dirección do servizo común farase de xeito mensual e poderá facerse a través da OPAX.

▪️ SPJ-USO: Sempre ben informados.

ÚLTIMA HORA 27/03/2026: RECIBIDA A NÓMINA DE MARZO

ÚLTIMA HORA 27/03/2026: RECIBIDA A NÓMINA DE marzo

Xa está dispoñible no voso corrreo electrónico, así como a través do CIXTEC a nómina deste mes de MARZO 2026.

👉 A continuación deixámosvos relación detallada dos conceptos retributivos e as cantidades que deben aparecer reflexadas nas vosas nóminas actualmente ⤵️

🔴 Accede ós CADROS/RESUMO de RETRIBUCIÓNS XESTIÓN, TRAMITACIÓN E AUXILIO – 2026 ⤵️

🔗 https://spjusogalicia.com/wp-content/uploads/2026/01/RETRIBUCIONS-CXPA-CTPA-e-CAX-2026.pdf

🔴 Accede ós CADROS/RESUMO de RETRIBUCIÓNS M. FORENSES 2026 ⤵️

🔗 https://spjusogalicia.com/wp-content/uploads/2026/01/RETRIBUCIONS-FORENSES-2026.pdf

🔴 Accede á Orde de confección de nóminas 2026 ⤵️
🔗 https://spjusogalicia.com/wp-content/uploads/2026/01/ORDE-CONFECCION-NOMINAS-2026.pdf

▪️ Para calquera dúbida ou aclaración non dubides en contactar cos delegados sindicais de SPJ-USO.

SPJ-USO: Pioneiro e impulsor da Carreira profesional na Xustiza!!!FEITOS, non palabras!!!

IMPORTANTE!!! CARREIRA PROFESIONAL – ABERTO O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE 30 DÍAS HÁBILES PARA TÓDOLOS CORPOS E GRAOS (1, 2 E 3)

Carreira profesionalABERTO O  PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DA TRAXECTORIA PROFESIONAL.

 30 DÍAS HÁBILES PARA TÓDOLOS CORPOS (FORENSES, XESTIÓN, TRAMITACIÓN E AUXILIO) E GRAOS (1, 2 E 3)  🗓️ ATA O 🗓️ 15/4/26

Accede á RESOLUCIÓN APROBA O ACORDO SOBRE A TRAXECTORIA PROFESIONAL

Accede á CIRCULAR/RESUMO CARREIRA PROFESIONAL 2026 – APERTURA PRAZO

Sigue leyendo

IMPORTANTE!!! CARREIRA PROFESIONAL – PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE 30 DÍAS HÁBILES DENDE O 🗓️ 2/3 PARA TÓDOLOS CORPOS (FORENSES, XESTIÓN, TRAMITACIÓN E AUXILIO) E GRAOS (1, 2 E 3)

A DXX ven de remitirnos a seguinte comunicación en relación coa TRAXECTORIA PROFESIONAL:

⚠️⚠️ DENDE O 🗓️ 2 DE MARZO DE 2026 ATA O 🗓️ 15/4/26

O 2.03.2026 comeza o prazo de presentación de solicitudes da traxectoria profesional conforme ao previsto na RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 2025, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se dá publicidade ao Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 29 de decembro de 2025, polo que se aproba o acordo acadado o 2 de decembro de 2025 entre a Xunta de Galicia e as organizacións sindicais SPJ-USO, STAJ, UGT e CC.OO. para a implantación do réxime extraordinario de acceso aos graos I, II e III do sistema transitorio extraordinario de recoñecemento da progresión na traxectoria profesional para o persoal ao servizo da Administración de xustiza en Galicia.

Accede á RESOLUCIÓN APROBA O ACORDO SOBRE A TRAXECTORIA PROFESIONAL

⚠️⚠️ O prazo é de 30 días hábiles (ata o 15.04.2026) para todos os graos e para todos os corpos.

O persoal solicitante deberá cubrir a súa solicitude a través do formulario electrónico dispoñible na OPAX (Oficina Virtual do Persoal da Administración de Xustiza), no enderezo web http://opax.xunta.es

SPJ-USO: Manterémosvos puntualmente informados.

SPJ-USO: Sindicato MAIORITARIO na XUSTIZA ⚖️ Galega!!!
FEITOS, non palabras!!!

ÚLTIMA HORA 25/02/2026: RECIBIDA A NÓMINA DE FEBREIRO

ÚLTIMA HORA 25/2/2026 ➖ RECIBIDA A NÓMINA 🪙 DE FEBREIRO ‼️

ℹ️➡️ Xa está dispoñible no voso corrreo electrónico, así como a través do CIXTEC a nómina deste mes de FEBREIRO 2026.