
SPJ-USO SOLICITA GARDERÍA E SALA DE REPOUSO E LACTACIÓN PARA @S FUNCIONARI@S DE XUSTIZA DE GALICIA
CONCILIACIÓN PERSOAL, FAMILIAR E LABORAL, REAL E EFECTIVA, XA!!!!
Informámosvos que acabamos de presentar escrito solicitando que @s funcionari@s da Xustiza Galega podamos desfrutar, canto antes, do servizo de gardería asi como de salas de repouso e lactación nos propios edificios xudiciais. Consideramos que como sindicato temos a obriga de impulsar todas aquelas medidas que redunden en garantizar a igualdade entre mulleres e homes, de xeito que cualquera persoa traballadora poida manter ó mesmo tempo unha carreira profesional plena e á vez exercer o seu dereito, entre outros, ao coidado da súa familia.
Non será por falta de normativa, así no eido da Administración Autonómica existen xa distintas políticas ao respecto, e tampouco por falta de exemplos, como ocorre a nivel estatal ou na Xunta, no ámbito da empresa privada.
Na Administración de Xustiza non podemos dicir o mesmo, tendo que voltar a experimentar esa sensación que produce a inxustiza do trato discriminatorio. A título de exemplo, lamentamos o caso da cidade da Coruña xa que a pesar de existir o maior volumen de funcionari@s e constar con 5 edificios xudiciais, con posibilidades de ubicación de gardería e salas de repouso e lactación, non existe nin un pequeño paso adiante por parte da Xunta sobre este tema que afecta @s funcionari@s de Xustiza.
Só cabe salientar o caso de Vigo onde a Xunta de Persoal acadou unha proposta de gardería na “Cidade da Xustiza”.
Desde outro punto de vista, non será, tampouco baladí esta solicitude, por falta de necesidade destes servizos, xa que é sabido a falta de garderías e largas listas de agarda existentes nas escolas infantístanto de rede autonómica como de titularidade municipal.
Por todo o anterior, SPJ-USO, SOLICITA que A XUNTA DEA UN PASO ADIANTE EN TEMA DE CONCILIACIÓN PERSOAL, FAMILIAR E LABORAL E ADOPTE AS MEDIDAS NECESARIAS PARA QUE @S FUNCIONARI@S DE XUSTIZA DE GALICIA TEÑAN, CANTO ANTES, GARDERIA E SALAS DE REPOUSO E LACTACIÓN.


















