Para o voso coñecemento, nos seguintes enlaces podedes acceder ós diferentes borradores remitidos pola DXX para negociación na Mesa Sectorial convocada para o 18-11-2025.
– Proposta de Acordo entre a Xunta de Galicia e as organizacións sindicais XXXXXXXXXXXX para a implantación do Réxime extraordinario de acceso aos graos I, II e III do sistema transitorio extraordinario de recoñecemento da progresión na traxectoria profesional para o persoal ao servizo da Administración de xustiza.
Accede á Proposta_convocatoria_TRAXECTORIA PROFESIONAL
– Proposta de Resolución da Dirección Xeral de Xustiza sobre o goce das vacacións e permisos por asuntos particulares correspondentes ao ano 2025 do persoal funcionario ao servizo da Administración de Xustiza en Galicia
Accede á Proposta Ampliación periodo vacacións 2025
– Proposta de Resolución pola que se regula un complemento retributivo por obxectivos do persoal funcionario destinado nas unidades xudiciais con competencias en materia de violencia sobre a muller
Accede á proposta COMPLEMENTO VSM
– Proposta de Resolución pola que se regula o horario especial e as condicións de traballo nas oficinas xerais do Rexistro Civil da Coruña, Vigo, Santiago de Compostela, Ferrol, Lugo, Ourense e Pontevedra
Accede á proposta QUENDAS RC_- RESOLUCIÓN
– Proposta de Resolución pola que se establecen criterios para a cobertura de postos de traballo mediante comisión de servizos no ámbito da Administración de xustiza na Comunidade Autónoma de Galicia
Accede á proposta COMISIÓNS_DE SERVIZO
– Proposta de Resolución pola que se regulan as substitucións entre persoal funcionario no ámbito da Administración de Xustiza na Comunidade Autónoma de Galicia
Accede á proposta SUBSTITUCIÓNS
SPJ-USO: Manterémosvos puntualmente informados.


















